A Asociación de Familias Numerosas manten un encontro coa Deputación de Lugo

O vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, mantivo este xoves un encontro co presidente e vicepresidente da Asociación Galega de Familias Numerosas, Luis Sánchez Gónzalez, e José Manuel Trigo Trigo,respectivamente, no Pazo de San Marcos, para estudar liñas de colaboración co obxectivo de contribuír ao traballo que desenvolve este colectivo en axudas das máis de 2.000 familias numerosas que hai na provincia.

Santos Ramos sinalou que “dende a Deputación de Lugo queremos fomentar e desenvolver iniciativas encamiñadas a favorecer a igualdade de oportunidades das familias numerosas, pois na provincia de Lugo, temos máis de 2.000 familias numerosas que necesitan o recoñecemento social e económico que lles corresponde e a súa contribución á sociedade é incuestionable”.

Asociación Galega de Familias Numerosas

A Asociación Galega de Familias Numerosas naceu no ano 1992 co obxectivo de sensibilizar á sociedade e as súas institucións sobre a importancia do colectivo para o futuro de Galicia. Ofrece servizos integrais de calidade ás familias numerosas, especialmente ás que se atopan nunha situación máis vulnerable. Ademais, é interlocutor das diferentes administracións ante as que incide politicamente con propostas transformadoras e de valor.

A asociación traballa especialmente con aquelas familias numerosas residentes no ámbito rural e aquelas que se atopan en unha situación de risco de pobreza ou exclusión social.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar