Pontevedra:As empresas distribuidoras de enerxía electrica pagarán unha taxa municipal

O Concello cobrará unha taxa municipal ás empresas transportadoras (distribuidoras) de enerxía por ocupación de dominio público local. O portavoz do Goberno local e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, anunciou que se está a estudar a concreción e implantación da nova ordenanza fiscal que segundo as primeiras estimacións suporía o ingreso de arredor de 150.000 euros anuais as arcas municipais.

González Carballo subliñou que a futura taxa afectará as empresas distribuidoras de electricidade, gas e hidrocarburos polo paso das súas infraestruturas polo dominio público local: redes de alta tensión (e media), gasoduto, oleoduto. Falamos de empresas como Rede Eléctrica Española, Gas Natural ou Unión Fenosa Distribución.

Unha asesoría técnica fará o estudo previo a elaboración da nova ordenanza fiscal que terá en conta parámetros como: o terreo o espazo aéreo ocupado, o volume e intensidade da enerxía transportada, etc.

A legalidade da cobro dunha taxa municipal de ocupación do dominio público local está avalada por varias sentenzas xudiciais derivadas dos recursos presentados por empresas distribuidoras contra varios concellos que puxeran en marcha iniciativas neste senso en Galiza e no resto do Estado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar