Encontro do Clúster doTurismo en Ourense

Manuel Baltar_encontro Clúster do Turismo de Galicia_26012017_111

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Francisco González, acompañado polo secretario, Cesáreo González Pardal, e outros directivos da entidade. Na reunión analizaron temas referidos ao Plan “Ourense, a provincia termal”, e as singularidades que supón para a promoción da provincia os aspectos relacionados co ocio e a saúde termal, e tamén falaron das oportunidades que presenta a Vía da Prata unida ao rico patrimonio histórico-monumental que posúe a provincia de Ourense, con itinerarios e rutas para visitar as mostras máis importantes de arte románico da Península Ibérica, que existen na provincia de Ourense.

Manuel Baltar explicoulle ao presidente do Clúster o traballo que vén desenvolvendo a Deputación no que atinxe á “marca Ourense”, relacionada coa promoción turística, cultural, deportiva e económica, xunto coa innovación en materia de xestión tecnolóxica, que fan da provincia de Ourense un “territorio de vangarda” para aplicar as innovación de xestión no ámbito do turismo e acadar a distinción de ser a primeira provincia denominada “Destino Turístico Intelixente”.

Francisco González afirmou que o Clúster de Turismo de Galicia aglutina os intereses de asociacións, empresas e profesionais, unha figura que incrementa as opcións para apostar pola internacionalización e a apertura a novos mercados e proxectos turísticos.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar