A Rondalla de Santa Eulalia de Mos, sobre o escenario do “Luar”

Luar_xurado Recantos_26012017O programa da noite dos venres recibe no escenario a Rondalla de Santa Eulalia de Mos, que se fixo popular nas redes sociais pola súa incrible interpretación do tema “Thunderstruck” de AC/DC. Ademais, no programa presentado por Xosé R. Gayoso tamén actuará a artista Rosario, que presenta o seu último disco “Gloria a ti” inspirado na súa nai, Lola Flores. Este álbum conta cun tema inédito do seu irmán Antonio Flores, e con colaboracións con afamados artistas como Leiva e o cubano Descemer Bueno. A artista cantará esta noite “Gloria a ti”, “Por un beso tuyo” e “Ay mamasota”. O cantautor Ismael Serrano e o grupo de folk galego Luar na Lubre tamén se achegarán ao estudio e, ademais de por separado, interpretarán un tema xuntos.

Na sección dedicada a música tradicional galega estarán as Pandeireteiras Xaviñanas, a Coral de Ruada e o Grupo de Baile Adaíl. Ademais, o humorista Moncho Borrajo regresa cun monólogo en directo e Pablo Carpintero, na súa sección de músicas de fóra de Galicia, estará acompañado da Asociación Cultural Contrarronda de Salamanca.

Na sección “Leña á ferreña”, presentada por Pile Alonso, que enfronta a dous pandeireteiros para decidir cal é o mellor, participarán Patricia Sánchez e Margarita Varela. Pero non todo será música, o amor tamén terá un lugar na sección “Luar de mel” presentada por María Carballeira.

O programa dará remate co concurso “Recantos”, presentado por Tania Veiras, que chega está noite á final doutra fase coa eliminación doutros catro recanteiros. Nesta eliminatoria Ruth Cundíns, de Terras de Compostela, interpretará “Congratulations” e O Pérez do Miño cantará “Gabián ou pomba”. Ademais, un membro do xurado abandonará o seu posto. Será Tania, Piñeiro ou Manuel De Andrade?

 

 

GALICIA 4.0

“Galicia 4.0”, un programa que emite a Televisión de Galicia na súa vocación de dar servizo á sociedade e promover o tecido empresarial, descóbrelles aos espectadores como a capacidade creativa e a tecnoloxía se alían no mundo do deseño de moda. Para iso, Nuria, unha escaparatista moi enérxica, guiará ás cámaras polo corazón dunha das empresas galegas con maior proxección, explicando con detalle o proceso de produción dunha prenda, dende o trazo do deseñador ata as últimas puntadas. Ademais, o programa visitará unha empresa que produce castiñeiros híbridos, árbores seleccionados para resistir o mal da tinta que afecta a esta árbore autóctona. Benito, un castañeiro veterano, explicará as vantaxes de empregar estas variedades logradas a través da selección xenética.

A REVISTA

Hoxe, o programa de actualidade “A Revista” conectará en directo con Montalegre, en Portugal, onde os reporteiros presentarán a Feira do Fumeiro, que estará aberta toda a fin de semana. Este evento reúne cada ano milleiros de visitantes galegos e mais portugueses que acoden a esta localidade da “raia” para degustar e adquirir os mellores embutidos, chourizos e xamóns da zona. Ademais, o equipo deste espazo tamén se achegará a Noia para visitar a igrexa de Santa María A Nova, que o sábado fará 690 anos que se consagrou. O máis salientable desta parroquia é que no seu camposanto sitúase o único conxunto de laudas gremiais do mundo.

Pola súa banda, Laura Peña entrevistará no estudio a escritora Ana Torres Jack, que publicou recentemente ‘Máis aló do azul e do rosa’, un libro que fala de como previr a desigualdade de xénero dende a familia. Ademais, coma cada venres, Octavio Villazala estará co equipo do programa para revelar novas curiosidades sobre os animais.

 

tvG2
ZIGZAG DIARIO

 

Este venres, o “ZigZag Diario” dedica o seu espazo ás artes escénicas. No estudio de gravación, Pilar G. Rego entrevistará a Jorge Coira, director de montaxe da obra de teatro “Get Back”, que narra as vivencias dun grupo de galegos en Londres. O director de cine estreouse no teatro con esta obra, con guión de Diego Ameixeiras, na que catro galegos e un inglés que residiu en Galicia quedan pechados nun vagón do metro.
O programa terá un espazo para a nova obra de Pablo Fidalgo, “Daniel Faria”, unha coprodución galego-portuguesa que procura levar a poesía a escena. Daniel Faria foi un monxe e poeta de Portugal cuxa obra ten recoñecida calidade literaria, aínda que que a súa figura emblemática é descoñecida. Ademais, tamén se falará da adaptación de “Illa/Ollo”, unha peza escrita por Manuel Lourenzo, que representará a compañía Nasdrovia e dirixirá Roi Vidal. Esta obra é unha revisión contemporánea da mitoloxía clásica dirixida a un público adolescente, na que se narra a historia do rei de Ítaca encerrado na cova do cíclope Polifemo.

 

 

MINUTADO do 27/01/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro” cos xornalistas Pablo Acción, María Méndez e María Val.
10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ “Vitela con curro de manga”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.
11:10
O FARO Cap. 92

Serie. Capítulo emocionante en que Lucía se enfronta ao seu xuízo e o seu ex, Ricardo, casa coa malvada Erea. Consumarase a voda? Cal será o veredito? Ademais, a relación entre as Peña e Carme faise máis forte. E Miguel añama contas coa súa ex e nai de Erea.
12:05
GALICIA 4.0

Como a innovación e a tecnoloxía desenvolvidas en Galicia poden beneficiar os galegos no día a día? Cal é o proceso de fabricación dos produtos que nos facilitan as tarefas cotiás? Estas son só algunhas das cuestións ás que pretende responder o programa. “Galicia 4.0” segue achegándose ás empresas galegas que apostan pola innovación e a tecnoloxía. Na entrega deste venres o programa descobre ante os espectadores como a capacidade creativa e a tecnoloxía se alían no mundo do deseño de moda.
12:35
A REVISTA

Presenta Laura Peña. Inclúe “Adianto Informativo” e “O Agro”, conducidos por Irene Lamas.
13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.
13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.
14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.
15:35
O TEMPO
15:50
FONTEALBA Cap. 90

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro. Lola fala con Luis da posibilidade de volver á froiteria pero Luis pretende desviar o tema falando do preocupado que está por Amalia. Roberto vaille contar a Aurora o acordo empresarial que fixo Nina. Lourdes chama a Mati para preguntalle que tal está pero ela, á defensiva, contesta mal e teñen unha discusión.
16:35
PADRE CASARES “Un porco, dous porcos, tres porcos”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha vila pequena da costa, a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. As festas na honra de Santo Antonio están a piques de empezar. Os veciños xa traballan nos preparativos para que a celebración sexa perfecta, sobre todo o acto estrela: o tradicional “salto do porco” desde o campanario da igrexa.
17:45
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a ganar un premio de ata 50.000 euros.
18:50
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.
20:25
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR
20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.
21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Pérez.
21:50
O TEMPO
22:00
LUAR

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O programa da noite dos venres recibe no escenario a Rondalla de Santa Eulalia de Mos, que se fixo popular nas redes sociais pola súa incrible interpretación do tema “Thunderstruck” de AC/DC. Ademais, no programa presentado por Xosé R. Gayoso tamén actuará a artista Rosario, que presenta o seu último disco “Gloria a ti”, inspirado en súa nai, Lola Flores.
01:35
MUSICAL DÚOS G

Programa especial, presentado por Lorena Sixto, cunha coidada selección de músicas e co que os espectadores poderán xogar a responder preguntas curiosas e divertidas sobre o artista ou tema musical que está soando nese momento.
03:15
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.
03:25
GALICIA 4.0 (Rep.)
03:55
RELANZOS “Mercar por ser de aquí”

Programa documental que pretende difundir a actividade cultural que se realiza nas vilas galegas.
04:25
NOITE DE JAZZ
04:55
A REVISTA (Rep.)
06:00
SONS NA NOITE
06:25
ÁREA PÚBLICA (Rep.)
07:55
INFORMACIÓN DO ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar