Turismo de Galicia presenta en Madrid Fusión a Ruta da Lamprea

Nava Castro_turismo Madrid_lamprea_25012017

Dous alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia participaron hoxe en Madrid Fusión na conferencia “A lamprea, un prehistórico galego descoñecido”.

Turismo de Galicia promoveu este relatorio na que tamén participaron tres dos cociñeiros galegos máis destacados do panorama nacional. Pepe Solla, de Casa Solla (cunha Estrella Michelin) e as novas figuras Daniel López, do restaurante O Camiño do Inglés (Ferrol), e Diego López, do Restaurante La Molinera (Lalín), que prepararon varias receitas diante dun público especializado.

Así, a través deste taller presentouse a ruta da lamprea, un produto turístico promovido por Turismo de Galicia que enxalza este tradicional peixe. Deste xeito, esta ruta xunta a gastronomía, o patrimonio e a cultura das terras por onde se pesca esta especie presente, case en exclusiva, nos ríos galegos Tambre, Ulla e Miño.

 

RECEITAS ELABORADAS

Pepe Solla foi o encargado de amosar como se realiza o sacrificio deste animal e preparou unha lamprea ao estilo tradicional, á bordalesa. Mentres que Dani López, un dos finalistas á cociñeiro revelación que se fallaba nesta edición de Madrid Fusión, elaborou unha lamprea marinada e cocida ao vapor. Pola súa parte, Diego López fixo tamén unha lamprea afumada con caldo de salazóns e grelos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar