Mareados coas mareas

Non, non enxerguen o que se move que non é o fluxo e refluxo dunha marea. O que é, dígollelo eu, é o “vaivén do suco suco”.

Resulta que Luís Villares, portavoz parlamentario de En Marea, encabeza unha candidatura que non o quere como líder. El arrogouse o papel de consegui-dor dun “consenso” que non foi quen de acadar pois, a última hora, algúns din que con nocturnidade, presentáronse dúas candidaturas máis.

Dúas candidaturas que, arrólense co vaiven, teñen como punto principal que Luís Villares sexa o voceiro e referente orgánico de En Marea. Unha está composta por destacados membros de ANOVA e outra promovida polos de CERNA, expertos coma ninguén en xogar ao contraataque e acabar marcando. Quen o entende? “Suco suco, vouche dar…”.

Luís Villares acadou o seu posto de candidato á presidencia logo dun pacto das cúpulas partidarias que forman a organización, auspiciado por Xosé Manuel Beiras.

Villares, agora, é refén dos aparatos partidarios que o designaron, e vese na obriga de asumir un papel secundario na implan-tación orgánica de En Marea, moi distinto ao que demandaba logo das eleccións autonómicas: con coche e chofer para andar polo país adiante.

Porque a maioría non quere a Villares como referente orgánico? “Que ven unha onda”!… Porque nin Esquerda Unida nin Podemos están dispostos a que En Marea sexa un partido como pretende a póla nacionalista, senón que teiman en que canto menos se asemelle a un partido moito mellor.
Os réditos de EU están á vista. E os de Podemos…? Cada vez hai máis persoas dentro da organización, e non só os críticos, que afirman que lle iría mellor sós, coma en Euskadi.

E as Mareas capitalinas? Elas tampouco queren perder a súa autonomía, o seu poder, e diluírse nunha organiza-ción. Por iso non queren a Villares de referente orgáni-co. E así, Villares, non poderá ser voceiro, pero poderao ser un portavoz municipal. Cousas veredes!.

E porque Luis Villares acepta todo isto? Porque pensa que, co apoio de Xosé Manuel Beiras, ao ser o referente parlamentario, tamén será capaz de asentarse co tempo como referente orgánico.
Pero o que argallaron todos estes meses pode saltar feito añaquiños coa vaga de Vista Alegre II se Podemos decide que ten que formar candidaturas propias en todo o estado.

E os do Foro? Arrastrados ao fondo do mar, materile, soñando con engancharse as siglas do PG para aboiar.

Somos quen… Queremos participar… Máis alá… O de “partido construído desde abaixo” é pura ficción.

Afonso Eiré é xornalista e colaborador habitual de El Correo Gallego

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar