A Ruta da Lamprea recibe o Premio Excelencias Gourmet en Fitur

Fitur_nava CAstro_premio excelencia_Ruta Lamprea Fitur_21012017A Ruta da Lamprea promovida por Turismo de Galicia recibiu, no marco da 37ª edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, o premio Excelencias Gourmet que concede anualmente este grupo co obxectivo de fomentar a calidade en diferentes ámbitos, todos eles relacionados co turismo, a gastronomía e a cultura.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de recibir este galardón de mans do presidente do Grupo Excelencias, José Carlos de Santiago, a este produto turístico diferenciador baseado no milenario peixe de gran tradición e arraigamento en Galicia que foi posto en marcha o pasado ano.

Esta ruta gastronómica comprende dezaoito municipios galegos situados nas beiras do Miño, Ulla e Tambre combinando o compendio de recursos que atesoura cada unha das zonas destes tres ríos coa visita a lugares de interese natural e cultural da súa contorna.

Así, a través da Ruta da Lamprea pódense descubrir os principais recursos naturais, gastronómicos e culturais destes concellos ao redor dos labores de pesca e a gastronomía deste singular peixe.

Deste xeito, este innovador produto turístico da a coñecer o importante patrimonio que rodea a este peixe e á súa captura, mostrando aos visitantes desde as artes de pesca como as pesqueiras ou as estacadas, ata recursos naturais e culturais, como miradoiros, paseos, pontes ou capelas, entre outros elementos.

Así mesmo, ofrece multitude de restaurantes que permiten degustar este manxar de maneiras moi diversas.

Con todo, a Ruta da Lamprea potencia a oferta turística dos dezaoito municipios que integra a través de diversos itinerarios que aglutinan diferentes recursos que conxuntamente constitúen un gran atractivo.

 

PREMIOS EXCELENCIAS

Os Premios Excelencias foron creados fai doce anos polo Grupo Excelencias e desde hai uns anos entréganse, ademais, os Premios Excelencias Gourmet.

Este ano trátase dunha edición especial, xa que o Grupo conmemora o seu XX Aniversario xunto ao X aniversario da creación de Excelencias Gourmet.

Os premiados son seleccionados por un xurado formado por sete personalidades de diferentes países, do mundo do turismo, a arte, e a gastronomía, encabezados polo Presidente do Grupo Excelencias.

Nesta XII edición elixíronse aos gañadores entre unha ampla e variada selección de candidaturas recibidas de todo o mundo. Ademais, por primeira vez, o público tivo oportunidade de votar as candidaturas finalistas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar