TVG: O gran segredo de Emilio desvélase esta noite en “Pazo de Familia”

TVG Pazo de Familia
Claudia non deixa de indagar no pasado de súa nai e contrata os servizos de Nino e Peneda para descubrir a verdade. Todo isto leva a desvelar, na entrega desta semana de “Pazo de Familia”, o segredo que sempre agochou Emilio sobre a súa ex-muller. O segredo non só afecta a pai e filla, e Leonor vese na obriga de tomar unha medida desesperada agora que Carlos está a piques de coñecer a verdade, para conservar o nome dos Pardo-Veiga. Pola súa banda, Daniel tamén ten que tomar unha decisión difícil. Non aguanta o sentimento de culpa por estar a piques de matar o fotógrafo que extorsionaba a Rita e decide entregarse á policía.

 

 

“MEUS”

 

“Meus”, o programa da Televisión de Galicia que cada luns retrata familias de distinto tipo, ocúpase hoxe dunha que xurdiu arredor dunha fábrica de chocolate no concello de Parada de Sil e doutra que o fixo ao abeiro do internado do colexio da ONCE para nenos cegos de Pontevedra. Os reporteiros do programa falarán con Rosa Casares para coñecer a familia desta funcionaria de Ourense, nacida na aldea de Teimende nunha casa que era tamén a sede de Chocolates Caldelas. Para ela, as lembranzas daquela fábrica de chocolate están moi vivas aínda, como amosará ante as cámaras da TVG, que coñecerán así mesmo o día a día dunha traballadora do Inorde, o Organismo de Promoción Turística de Ourense.

Os reporteiros do programa conversarán con Rosa sobre a súa infancia nunha aldea da Ribeira Sacra, da pobreza da posguerra, da solidariedade que seu pai desenvolvía con aqueles que non tiñan acceso a bens tan prezados coma o azucre, do traballo dos nenos da aldea lle permitiu a aquel empresario continuar coa produción de chocolate nun tempo moi difícil ou de como para electrificar a fábrica ela tivo que emigrar catro anos a Francia mentres seu pai continuaba co negocio.

Pola súa banda, Paco P. Maneiro achegará ao espectador á vida dun mozo cego que vive en Porto do Son e que traballa como vendedor da ONCE. Paco naceu nun momento moi difícil en que na escola non se pensaba en integrar as persoas con discapacidade. Por iso, pasou unha boa parte da súa infancia andando polas rúas da vila mentres os outros rapaces estaban na escola.

 

A REVISTA

 

O programa “A Revista” estará en directo no encoro de Portodemouros, na localidade de Arzúa, onde a escaseza de auga pon ao descuberto a vila que foi anegada para a construción do encoro.
O espazo de actualidade tamén irá, en Santiago de Compostela, ata A Quinta da Auga Hotel Spa Relais & Chateaux, construído no edificio que un día foi a antiga fábrica de papel da cidade. Este establecemento atópase na lista dos mellores hoteis de luxo, acadando o posto 6 en Europa e o 17 a nivel mundial.
Laura Peña entrevistará hoxe a Mabel Ribera e mais Miguel Pernas, actores da serie da Televisión de Galicia “Pazo de Familia”. A actriz dá vida a Leonor, a matriarca da familia Pardo–Veiga, mentres que Miguel Pernas é Carlos, o ex-avogado da familia agora empeñado en acabar coa dinastía. Ademais, tamén estará no estudio o especialista en saúde e medicina Ignacio Balboa.

 

tvG2

ZIGZAG DIARIO

O escritor Francisco Coimbra estará no “ZigZag Diario” para presentar a súa primeira obra de narrativa, “Crónica Córnica”, finalista do Premio Xerais 2016. O autor, cunha ampla produción nos eidos da lingüística, a tradución e os estudos culturais aborda agora a cuestión do idioma dende a ficción, cunha novela coral que se artella arredor dunha premisa, o rexurdimento dunha lingua considerada extinguida, o córnico.

O programa cultural da tvG2 falará así mesmo do novo selo editorial “Dr. Alveiros”, que puxo en marcha a editora Urco en colaboración coa Fundación Vicente Risco e co que que xa se publicaron varios títulos. Tamén haberá un espazo dedicado ao libro póstumo de Agustín Fernández Paz, “A casa do medo”, unha novela curta que el deixou entregada na editorial pero que non puido ver públicada.

Ademais, o “Zigzag” anticípase a celebración dun dos festivais máis prestixiosos do cinema independente internacional, o Festival Internacional de Rotterdam, en que se estreará a nova curta de Lois Patiño, “Fajr”.

Data de emisión: Luns 23.01.2017
Cinema de noite (00.30 h. )

“RESCATE”
(“Ransom”)

Director: Ron Howard
Elenco: Mel Gibson, Rene Russo, Gary Sinise, Delroy Lindo, Lily Taylor, Liev Schreiber, Evan Handler, Donnie Wahlberg, Dan Hedaya
EUA, 1996, 121’, Thriller (18)

**SINOPSE**

Tom Mullen é un multimillonario propietario dunha empresa aerolínea. A tranquilidade da súa vida vese alterada cando secuestran ó seu fillo lle piden un rescate de dous millóns de dólares. Ó darse conta de que non existen garantías de volver ver ó seu fillo con vida malia pagar o rescate, Tom decide actuar á marxe do FBI e idea un plan para recuperar ó cativo.

 

 

MINUTADO do 23/01/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro”, hoxe coas xornalistas María Vale e Carla Reyes.

:

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ “Berenxenas recheas de polo ao forno”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05
O FARO Cap. 88

Serie.
Serie.
A celebración de O Faro será moi especial para Xesús e Berta, e as Peña teñen que tomar algunha decisión drástica para atender o encargo do laboratorio. Santiago quere saber quen é Lucía xusto cando esta recibe un documento terrible. A 4 días da voda, a tensión chega ao máximo entre Miguel e Rosa por revelarlle a Ricardo a verdade.

:

12:00
DESENREDANDO A REDE “A novena arte”

Programa con vocación de servizo público que trata de romper as barreiras tecnolóxicas entre xeracións. Cada semana, falarán das últimas novidades tecnolóxicas que saíron á rúa en Galicia.

:

12:30
A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, conducidos por Irene Lamas.

13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Informativo de proximidade. Presenta Ana Pérez.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35
O TEMPO

15:50
FONTEALBA Cap. 86

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro.
Gonzalo fala con Nina sobre a sua relación e de como refixo a
súa vida, mentres que Cris escoita todo dende a porta. Lola segue coidando de Luís no Hospital. Na casa dos Vilar, Cris discute con Gonzalo sobre unha factura de teléfono aínda que o que quere é sacarlle información sobre o que falou con Nina. Toño e Perfecta tentan descifrar un texto en inglés. Amalia comeza a encontrarse mal diante de Aurora.

:

16:40
PADRE CASARES Cap. 97: “A gran crise”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.
A crise arrasa a parroquia de Louredo. Os medios de comunicación pronto se fan eco da noticia e sitúan a Delmiro como responsable pola súa mala xestión. Os diversos intentos do alcalde para recadar fondos fracasaron, o que pon á vila na súa contra.

:

17:45
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

18:50
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

:

20:25
INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Pérez.

21:50
O TEMPO

22:00
AVANCE SERIES G

22:15
PAZO DE FAMILIA Cap. 72

Serie. Spin off da xa coñecida e arraigada no imaxinario popular “Libro de Familia”.
Claudia non deixa de indagar no pasado de súa nai e contrata os servizos de Nino
e Peneda para descubrir a verdade. Todo isto leva a desvelar, na entrega desta semana de “Pazo de Familia”, o segredo que sempre agochou Emilio sobre a súa ex-muller.

:

23:30
MEUS

Programa centrado nas familias galegas.
“Meus” ocúpase hoxe dunha familia que xurdiu arredor dunha fábrica de chocolate
no concello de Parada de Sil e doutra que o fixo ao abeiro do internado do colexio da ONCE para nenos cegos de Pontevedra.

:

00:45
CINEMA DE NOITE: “Rescate”

(“Ransom”), de Ron Howard, con Mel Gibson, Rene Russo, Brawley Nolte, Gary Sinise, Delroy Lindo, Lili Taylor, Liev Schreiber, Donnie Wahlberg, Evan Handler. EAU, 1996, 112´, acción-thriller (18)
Tom Mullen é un executivo acostumado aos negocios de alto risco e que ten unha forma persoal de facer tratos. Xunto á súa bela esposa Kate e ao seu fillo Sean, Tom posúe unha posición envexable e unha imaxe que se disputan os medios de comunicación. Pero cando o que máis quere no mundo, o seu fillo, é secuestrado por uns delincuentes desesperados que piden un rescate por el, o blindado mundo de Tom afúndese.

:

02:40
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:50
PAZO DE FAMILIA (Rep.)

:

04:00
POLO CAMIÑO DA FE

04:15
MAR DE FONDO

Información do estado do mar.

04:20
NOITE DE JAZZ

04:50
SONS NA NOITE

05:10
A REVISTA (Rep.)

06:25
ÁREA PÚBLICA (Rep.)

:

07:55
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar