El tren favocerá el turismo termal en Ourense

imageO presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral de Renfe, Ramón Azuara, en presenza do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, asinaron  no marco da Feira Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid, un convenio para fomentar conxuntamente o uso do tren como medio de transporte para a promoción da provincia ourensá como destino termal.

O convenio, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2017, contempla o traslado dos visitantes desde a estación de tren de “Ourense Empalme” ata o balneario correspondente, así como promocionar o ferrocarril como medio de transporte na actividade de Termalismo Saudable e Cultura Termal “Ourense, La Provincia Termal”, ademais de informar aos interesados dos descontos ofrecidos por Renfe.

En agosto de 2014 a Deputación de Ourense e Renfe comezaron esta colaboración, que debido ao éxito no incremento de usuarios en tren para chegar á provincia, fixo que este programa se teña prorrogado en ampliado nos últimos anos. Neste sentido, para os visitantes que se queiran achegar a esta cultura saudable de Ourense, que aúna termalismo, ocio e saúde Renfe Viajeros ofrece unha tarifa especial chamada “Ourense Termal” que consiste en descontos do 50 % nos billetes dos trens de Longo Percorrido que chegan a Ourense.

Trala sinatura do acordo, o presidente do goberno provincial destacou a importancia da alianza con Renfe, “que fortalece a promoción da “marca Ourense” por medio dunha iniciativa pioneira como foi a proposta dos “Trens termais”, que achegan á nosa provincia a viaxeiros de 40 cidades de España, os cales poden facer a súa reserva a través de Internet e confirmar a súa praza no balneario que desexen en apenas un minuto”. “Esta é unha mostra máis do labor que a Deputación de Ourense está a realizar –engade Manuel Baltar-, quen lembrou o proxecto no que está a traballar o goberno provincial, referido a “Destinos turísticos intelixentes”, “unha iniciativa que ten como obxectivo aplicar os últimos avances tecnolóxicos na xestión, xeo-localización e posicionamento turístico na procura de novos mecanismos para impulsar a innovación nos destinos co desenvolvemento das TICs. A finalidade é crear servizos diferenciais e altamente competitivos con base na tecnoloxía aplicada ao turismo”, destacou o presidente provincial.

Manuel Baltar dixo que a Deputación de Ourense destinará este ano máis dun millón de euros para proxectos de infraestruturas, investigación e promoción do ámbito termal na provincia de Ourense. “O termalismo é un eixe estratéxico do desenvolvemento da provincia, de aí que incidamos na posta en marcha de diferentes iniciativas como o Plan “Ourense, a provincia termal” ou o feito de que Ourense liderará o Pacto Termal Nacional, unha proposta deste goberno provincial que, xunto coa FEMP, presentaremos ao sector, empresas, institucións e usuarios para que o termalismo español sexa un referente en Europa”.

Baltar dixo que en relación aos establecementos termais da provincia “pasamos nestes anos de cinco a sete balnearios, e agardamos a próxima incorporación do balneario de Berán, e, o que sería a excelencia: contar tamén con gran balneario da capital, un proxecto que a Deputación de Ourense estará apoiando para que sexa unha realidade”.

Para máis información sobre o programa de “Trens termais” os viaxeiros poden visitar a web (http://dpouv2.depourense.es) ou adquirir os seus billetes a través da página de Renfe (www.renfe.com).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar