Turismo aposta pola Semana Santa en Fitur como reclamo internacional de Galicia

Semana Santa de Galicia en Fitur_Nava Castro_18012017_1_PROVISIONAL

A 36 edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, un dos certames sectoriais de maior repercusión mundial, celebrou a súa primeira xornada dirixida aos profesionais do sector.

O stand de Turismo de Galicia acolleu ao longo deste primeiro día de celebración un total de 15 presentacións que permitiron coñecer aos asistentes a este certame os principais destinos e produtos da oferta turística da Comunidade galega.

Unha das novidades para este ano foi a presentación da Semana Santa en Galicia a través da cal se puxo en valor as dúas celebracións de Interese Turístico Internacional, Viveiro e Ferrol.

Nava Castro sinalou que para Galicia, como destino, resulta fundamental contar con elementos diferenciais e singulares relacionados con aspectos arraigados na nosa tradición cultural constituíndo as festas un gran reclamo na oferta turística galega. “Estas celebracións favorecen a implementación dunha oferta de lecer atractiva para todos aqueles que queren vivir unha experiencia singular na nosa comunidade”, explicou.

Neste senso, resaltou que a Semana Santa en Galicia permite descubrir a nosa comunidade desde outra óptica e incrementa o atractivo e a oferta cultural do destino, á vez que permite coñecer lugares con grandes recursos turísticos.

Nava Castro afirmou que a Semana Santa de Viveiro está considerada como unha das máis fermosas de España e destaca polo gran valor histórico e artístico das súas imaxes. Ademais, destacou que conta cunha atípica diversidade de representacións relixiosas que redundan nun potente factor de atracción para os numerosos turistas que coñecen a Mariña Lucense grazas á súa Semana Santa.

Así mesmo, referiuse á Semana Santa de Ferrol da cal afirmou é a máis grande de todas as que se celebran en Galicia, pola calidade, polo número das súas procesións, e polos máis de tres mil penitentes que ordenadamente desfilan polas súas rúas pertencentes ás súas cinco confrarías.

A responsable de Turismo da Xunta asegurou que “visitar Galicia en Semana Santa se converte nunha experiencia única que non deixa a ninguén indiferente”.

Primeira xornada

 

Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia, xunto con outros representantes da Xunta de Galicia, participou nesta primeira xornada, nas outras presentacións que deron a coñecer a oferta turística e as novidades para este 2017 de diversos destinos galegos como a cidade de Ourense, a Ribeira Sacra ou os xeodestinos Arousa Norte e Muros-Noia, entre outros.

Así mesmo, tamén foron puntos fortes do espazo galego nesta primeira xornada do certame, o patrimonio natural de Galicia, a guía ‘…e para comer Lugo’, que cumpre xa a súa 10ª edición, o salón gastronómico Xantar ou a campionato de surf Pantin Classic Galicia Pro que celebra neste 2017 o seu 30 aniversario, entre outro reclamos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar