O “Luar” da TVG convida a subir ao escenario a Falete e as Supremas

Luar_arquivo TVG_TEMPORAL PROVISIONALEsta noite, o programa máis veterano da Televisión de Galicia, o “Luar”, convida a subir ao escenario ao cantante Falete. O artista sevillano, intérprete de flamenco e copla, dedicaralle ao público os temas “Pena, penita, pena” e “Romance de la Reina Mercedes”, dous clásicos de copla de Quintero, León y Quiroga. Pola súa banda, as Supremas de Móstoles tamén estarán no programa, e atreveranse cunha versión do tema “Gotta go home” de Boney M., que recollen no seu disco “Philadelphia disco party”. Xosé R. Gayoso e o equipo do “Luar” conversarán cos artistas e proporanlles algún que outro reto.

Coma cada semana, haberá un espazo para a promoción da música tradicional galega e os seus representantes esta noite serán as Pandeireteiras Os Gharabullos, a Banda de Música de Catoira, a Agrupación Candaira e mais o grupo De Pé Feito. Pola súa banda, o colaborador Pablo Carpinteiro, encargado de achegar músicas doutros lugares, subirá ao escenario para presentar o grupo murciano Azarbe.
O espazo da noite nos venres tamén ofrecerá as actuacións de Borja Rubio, que cantará “Volverte a ver”; Tony Bolón con “Campanero Jerezano”; José Manuel Soto, que interpretará “Tú serás mi amanecer” e a orquestra La Nueva Phila, que fará que o público mova as cadeiras.
Ademais, o “Luar” contará co primeiro candidato para enfrontarse a Roberto Rodríguez, o strongman do programa, no concurso de pulsos convocado o pasado venres.

Xurxo Fernández e Áurea, o xurado da sección “Leña á ferreña”, terán que avaliar a Luis Villanueva e a Adriana Felpete, que concursarán esta semana.

Tamén haberá tempo para o amor, na sección “Luar de Mel”, presentada por María Carballeira, e Rocío Barrio ofreceranos a súa sección “Trucos de Barrio” na que dará consellos domésticos tan útiles coma sorprendentes. ,

Por suposto, o “Luar” rematará co concurso musical “Recantos”, no que participarán esta noite Lara, da Mariña, coa coñecida canción “A rapaza ye-yé” e Leti Varela do sur de Lugo, que cantará “O galo de ouro”.

 

 

A REVISTA

 

“A Revista” visitará hoxe o Barco de Valdeorras para vivir a festa do Botelo na que se enxalza este embutido elaborado tradicionalmente na comarca. Os reporteiros do programa tratarán de desvelar algúns dos segredos da súa elaboración, ademais de acompañar os asistentes na degustación do produto.

O programa presentado por Laura Peña tamén estará en Vilarmaior para coñecer as instalacións do único circuíto de drons de carreiras de Galicia, que se inaugurará esta fin de semana. A iniciativa foi do grupo de afeccionados ao aeromodelismo Tábano Team, que se dedica a competir en carreiras e probas en diferentes certames desta modalidade en España e Portugal.

Ademais, o director de cine Daniel López estará no estudio de “A Revista” para falar da cinta documental “Seven days, seven cities”, que narra a experiencia dun grupo de cirurxiáns galegos que viaxan a China para formar médicos do país asiático nunha técnica de extirpación de tumores pioneira desenvolvida en Galicia. O documental é a segunda parte dun proxecto audiovisual máis amplo, “This is life”, que quere destacar o traballo desenvolvido por este grupo de especialistas internacionais.

tvG2
ZIGZAG DIARIO

Na súa edición do venres, dedicada ás artes escénicas, o “Zigzag Diario” recibirá a visita do actor César Goldi, que falará da obra “Goldi Libre”, na cal conta a súa experiencia como insubmiso fronte ao servizo militar obrigatorio. O actor, que fai o papel de Xosé na serie “O Faro”, tivo que afrontar unha condena de máis de dous anos de prisión por negarse a realizar o servizo militar e a prestación social substitutoria. A produción, estreada o pasado mes de outubro, toma este episodio da vida de César Goldi, protagonista absoluto na escena, para ofrecer unha visión crítica do activismo social dos anos oitenta e noventa.

O programa que presenta Pilar G. Rego tamén lle achegará aos espectadores as obras “Menú da Noite”, de Carlos Blanco, e “Política de Terra Queimada”, da compañía Santa Nómina, que se representarán esta fin de semana no Salón Teatro de Compostela.
MINUTADO do 20/01/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
10:40
A COCIÑA DE ANDRÉ “Torta pascualina con espinacas e salmón”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.
11:05
O FARO Cap. 87

Serie. Manuel e Rosa buscan desesperados solucións para que O Faro non se venda. Miguel enfróntase á súa filla Erea e esíxelle que lle conte a Ricardo que o fillo de Lucía é seu. E Santiago comeza a facer preguntas incómodas sobre o que non lembra do seu pasado.
11:55
GALICIA 4.0

Como a innovación e a tecnoloxía desenvolvidas en Galicia poden beneficiar os galegos no día a día? Cal é o proceso de fabricación dos produtos que nos facilitan as tarefas cotiás? Estas son só algunhas das cuestións ás que pretende responder o programa.
O feito de abrir un refrixerador para escoller os elementos cos que elaborar unha receita pode levarnos a botar man dun produto galego que agoche profesionalidade, innovación, desenvolvemento e moito esforzo.Todos estes factores collen nunha bolsa de luras conxeladas. O programa sobre tecnoloxías e innovación coa colaboración dun chef coñecerá como é o seu proceso de elaboración.
12:30
A REVISTA

Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, conducidos por Irene Lamas.
13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.
13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.
14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.
15:35
O TEMPO MEDIODÍA

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo
15:50
FONTEALBA Cap. 85

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro. Agora que Perfecta lle esconde a medicación na comida, Amalia tómaa sen decatarse, o que ocasionará que comece a perder a noción da realidade. Cris viuse obrigada, pola volta de Nina, a deixar o seu posto en Hortodouro. Ademáis pensa que o seu emprego non é o único que Nina lle vai facer perder.
16:35
PADRE CASARES Cap. 96: “A verdade faravos libres”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. En plena ponte da Constitución a parroquia de Louredo é o escenario de dous importantes acontecementos. Por unha banda, Delmiro organiza unha conferencia con motivo do aniversario da Carta Magna, e polo outro, Don Crisanto celebra a novena da Inmaculada.
17:45
TI VERÁS

Concurso presentado por Roberto Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
18:45
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.
20:25
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR
20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.
21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Pérez.
21:50
O TEMPO
22:00
LUAR

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Esta noite, o programa máis veterano da Televisión de Galicia, o “Luar”, convida a subir ao escenario o cantante Falete. O artista sevillano, intérprete de flamenco e copla, dedicaralle ao público os temas “Pena, penita, pena” e “Romance de la Reina Mercedes”, dous clásicos de copla de Quintero, León y Quiroga. Pola súa banda, as Supremas de Móstoles tamén estarán no programa, e atreveranse cunha versión do tema “Gotta go home” de Boney M., que recollen no seu disco “Philadelphia disco party”. Xosé R. Gayoso e o equipo do “Luar” conversarán cos artistas proporanlles algún que outro reto.
01:35
MUSICAL DUETOS 2014

Programa especial en que haberá unha coidada selección de músicas e co que os espectadores poderán xogar a responder preguntas curiosas e divertidas sobre o artista ou tema musical que está soando nese momento. Percorrido polas músicas de todos os tempos e estilos, conducido por Xosé R. Gayoso e Lucía Regueiro. Poderanse ver sobre o escenario, parellas como Kepa Junquera e Leilía, Rosario e Lucía Pérez, El Consorcio e Rosa Cedrón, Merche e Maret, María del Monte e Maite, entre outros moitos.
04:10
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.
04:20
SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal
04:40
A REVISTA (Rep.)
05:50
NOITE DE JAZZ
06:25
ÁREA PÚBLICA (Rep.)
07:55
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar