Carlos Casares será Fillo Predilecto de Ourense

 Jesús Vázquez_Fundación Casares_Concello Ourense_10012017

O Concello de Ourense culminará o 16 de maio o expediente de honra aberto a Carlos Casares no ano 2003. O remate deste expediente, iniciado hai 14 anos, suporá un acto formal para o nomeamento de Carlos Casares como Fillo Predilecto da cidade a título póstumo nunha sesión plenaria que se celebrará na véspera do Día das Letras Galegas, que este ano se lle adica ao escritor ourensán.

 Ademáis deste recoñecemento público da cidade, o Concello tamén descubrirá unha praca e un busto do escritor ourensán na Praza Bispo Cesáreo, como recoñecemento da cidade á figura de Carlos Casares.

 O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, comunicoulle esta decisión aos membros da Fundación Carlos Casares, presidida polo seu irmán, Xavier Casares. “Deste xeito, culminamos un expediente que permanecía aberto desde hai 14 anos e o facemos precisamente no ano no que se honra a memoria do gran escritor, coa máxima distinción que se lle pode outorgar desde o Concello de Ourense”, sinalou o rexedor ourensán.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar