Volve ás noites do luns “Pazo de Familia” na TVG

tvg_pazo-de-familia

“Pazo de Familia” regresa ás noites do luns na Televisión de Galicia logo de que rematase con grande éxito de audiencia a serie “Dalia, a modista”. No capítulo de hoxe, un segredo agochado durante anos está a piques de destruír aos Pardo – Veiga. Claudia cre na versión que seu pai, Emilio, lle contou sobre o abandono da súa nai, pero cada vez hai máis evidencias de que lle mentiu. Carlos ten agora o control da situación e, mentres Emilio se entrega á bebida, o seu inimigo é recibido no pazo. Tras a malleira que Daniel lle deu ao fotógrafo que extorsionaba a Rita, a vida deste pende dun fío. Nino tamén volve empregar a violencia para defender ao fillo dun dos secuaces na banda de Caveiras. A historia de amor que rexorde entre Amancio e Sara e os intentos de Tomaso para entrar na Protección Civil son outros temas dun capítulo de final inesperado.

MEUS

Carmiña Vila é unha mestra do Colexio Virxe do Carme de Burela nada nunha humilde familia de labregos da parroquia focense de San Martiño de Mondoñedo. Xosé Carlos Ponte, un enxeñeiro coruñés con gran afección polo folclore galego. Os dous protagonizan hoxe un novo episodio de “Meus”, o programa da canle pública que elabora retratos de familias galegas de todo tipo e de todos os tempos.

Orgullosa das súas orixes, Carmiña Vila naceu nunha familia que nunca soñaría con mandar os fillos á universidade se non fose por unha mestra que cambiou o rumbo da vida desta muller. Con ela, os espectadores da TVG coñecerán o día a día dunha profesora feliz, con paixón polo seu traballo e polas bibliotecas escolares; recorrerán os camiños da parroquia de Fazouro e as tendas de Foz que frecuenta, e coñecerán os seus compañeiros do club de andainas “Os Rueiros”. Xosé Carlos, pola súa banda, falaralle ao programa da súa grande paixón: o folclore galego. Este profesional acostumado a viaxar visitando grandes hospitais e centros médicos foi presidente do centenario coro Cántigas da Terra durante 15 anos. Ten nel a súa familia máis sentida desde que o interese por aprender a tocar a gaita o levara ata un local en que non coñecía a ninguén e que hoxe é coma a súa casa.

A REVISTA

O programa “A Revista” estará este luns en directo no IES de Valga, onde se estrea “Latingal”, unha APP desenvolvida por un mestre e un grupo de estudantes universitarios e cuxa función é traducir textos do galego ao latín. O mestre de latín do centro foi o impulsor desta idea, un proxecto que xorde a partir da iniciativa de incluír os dispositivos móbiles no programa educativo para motivar ao alumnado e axudar a desenvolver as súas capacidades.

Os reporteiros do espazo diario tamén visitarán as primeiras xornadas tecnolóxicas que se celebran en Burela. Hoxe, a localidade da Mariña celebra este evento para maiores de 14 anos que ofrecerá contidos sobre robótica, impresión 3D e drons.

No estudio de gravación, a presentadora Laura Peña entrevistará os actores Fernando González e Laura Míguez, Fonso e Asun na serie das tardes da Televisión de Galicia “Fontealba”. Tamén estará no estudio o médico Ignacio Balboa, que falará da doazón de órganos, cuxa media en Galicia está por enriba da estatal.

tvG2

ZIGZAG DIARIO

O coruñés Daniel Asorey, que vén de gañar o Premio Narrativa Breve Repsol na edición de 2016, estará hoxe no estudo do “ZigZag Diario” para falar de “Nordés”, o libro que lle valeu o galardón. Trátase dunha novela que se ocupa da interconexión entre Galicia e Brasil a través dunha ucrónica República galega de expansión ultramariña e da que terras coma Bahía, Río Grande do Norte e o mesmo São Paulo son colonias.

Ademais, o programa cultural da tvG2 emitirá unha reportaxe sobre Patas de Peixe, proxecto especializado en libros ilustrados e traducción de obras clásicas desde o ano 2008 e entre cuxos últimos libros se atopan: “A meniña de libros”, de Sam Winston e Oliver Jeffers, e “Primeira semana na escola de vacas”.

Por outra parte, o programa tamén repasará a traxectoria de Roxelio Groba, membro das reais academias de Belas Artes de Galicia e de San Ferando con motivo do seu aniversario. O pontevedrés fai hoxe 87 anos con máis de 500 obras catalogadas, varios libros e máis de cinco décadas consagradas á música, que lle valeron o Premio da Crítca Galega, o da Xunta de Galicia da Cultura, a Medalla Castelao ou Premio Internacional Auditorio de Galicia.

Data de emisión: Luns 16.01.2017

Cinema de noite (00.45 h. )

Estrea

PROFESOR LAZHAR
(“Monsieur Lazhar”)
Director: Philippe Falardeau
Elenco: Mohamed Fellag, Sophie Nélisse, Émilien Néron, Marie-Ève Beauregard, Vincent Millard, Seddik Benslimane, Louis-David Leblanc, Danielle Proulx, Brigitte Poupart, Jules Philip, Louis Champagne.
Canadá, 94´, 2011, Drama
**SINOPSE**
Bachir Lazhar, un humilde mestre de primaria de orixe alxerina, é contratado nun colexio de Montreal para substituír a unha profesora que se suicidara aforcándose dentro dunha aula. Na escola, Lazhar entra en contacto cun grupo de nenos que están moi afectados polo tráxico suceso. Pero o mestre entende ben o dó dos pequenos porque el tamén sufrira unha gran perda hai anos.

MINUTADO do 16/01/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro”, hoxe coas xornalistas María Val e Carla Reyes.

:

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ “Biscoito de plátanos e arandos”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05

O FARO Cap. 83

Serie.
Ricardo e Erea van casar, pero nin Ricardo nin Erea saben que o fillo que espera Lucía é de Ricardo. Para zanxar o seu pasado Ricardo acude a O Faro. Lidia e Vítor non están dacordo co compromiso porque Ricardo está namorado de Lucía. E, por fin, saberase por qué Iolanda está tan rara.

:

12:00

DESENREDANDO A REDE “Maxín”

Programa con vocación de servizo público que trata de romper as barreiras tecnolóxicas entre xeracións. Cada semana, falarán das últimas novidades tecnolóxicas que saíron á rúa en Galicia.
O espazo sobre tecnoloxías para toda a familia da Televisión de Galicia volve,
nesta quinta entrega, a poñer a proba aos galegos no eido das TIC. As youtubers Marichita e Piruca entrevistarán a través de Skype á cantante Lucía Pérez. Por outra parte, o programa abrirá o debate sobre quen é capaz de ver o que facemos na rede e á quen pertencen ás fotos que subimos ao Facebook ou ao Instagram. Os máis pequenos da casa terán, na sección “Nan@s”, unha cámara Super8 nas súas mans, e, na sección “I+D+i”, falarase de biotecnoloxía, bioloxía e tecnoloxía unidas para dar continuidade á vida.

:

12:30

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, conducidos por Irene Lamas.

13:40

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:45

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Informativo de proximidade. Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:40

O TEMPO

15:50

FONTEALBA Cap. 81

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro.
A chegada de Nina está a causar moitas dúbidas e desconcerto na familia Douro e,
sobre todo, na relación entre Gonzalo e Cristina. Mentres, Roberto ten unha idea para que Lourdes recupere a Mati, quen ao mesmo tempo se achega á manipuladora Aurora. Nina non ten claro que vai facer coa súa vida e tampouco o seu futuro na empresa debido á desconfianza que lle produce Cristina.

:

16:40

PADRE CASARES Cap. 92: “Soñar non ten cancela”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.
Sindo e Lidia non queren renunciar ao soño de ser pais. Agora que saben que Sindo é estéril, a inseminación artificial perfílase como unha boa alternativa. Só hai un problema: necesitarán un doante.

:

17:50

TI VERÁS

Concurso presentado por Roberto Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

18:50

ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

:

20:25

INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Pérez.

21:50

O TEMPO

22:00

AVANCE SERIES G

22:20

PAZO DE FAMILIA Cap. 71

Serie. Spin off da xa coñecida e arraigada no imaxinario popular “Libro de Familia”.
No capítulo de hoxe de “Pazo de Familia”, un segredo agochado durante anos está a
piques de destruír aos Pardo – Veiga. Claudia cre na versión que seu pai, Emilio, lle contou sobre o abandono da súa nai, pero cada vez hai máis evidencias de que lle mentiu. Carlos ten agora o control da situación e, mentres Emilio entregase á bebida.

:

23:30

MEUS

Programa centrado nas familias galegas.
Carmiña Vila é unha mestra do Colexio Virxe do Carme de Burela nada nunha humilde
familia de labregos da parroquia focense de San Martiño de Mondoñedo. Xosé Carlos Ponte, un enxeñeiro coruñés con gran afección polo folclore galego. Os dous protagonizan hoxe un novo episodio de “Meus”.

:

00:50

CINEMA DE NOITE: “Profesor Lazhar”

(“Monsieur Lazhar”)de Philippe Falardeau, con Mohamed Fellag, Sophie Nélisse,
Émilien Néron, Marie-Ève Beauregard, Vincent Millard, Seddik Benslimane, Louis-David Leblanc, Danielle Proulx, Brigitte Poupart, Jules Philip e Louis Champagne.
Canadá, 94′, 2011, Drama.
Bachir Lazhar, un humilde mestre de primaria de orixe alxerina, é contratado nun colexio de Montreal para substituír a unha profesora que se suicidara aforcándose dentro dunha aula. Na escola, Lazhar entra en contacto cun grupo de nenos que están moi afectados polo tráxico suceso. Pero o mestre entende ben o dó dos pequenos porque el tamén sufrira unha gran perda hai anos.

:

02:20

TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:30

PAZO DE FAMILIA Cap. 71 (Rep.)

:

03:45

POLO CAMIÑO DA FE

04:00

MAR DE FONDO LUNS

Información do estado do mar

04:05

NOITE DE JAZZ

04:35

SONS NA NOITE

04:55

A REVISTA (Rep.)

06:00

NOITE DE JAZZ

06:30

ÁREA PÚBLICA (Rep.)

:

07:55

INFORMACION ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar