“Serramoura” hoxe, en TVG: Marga, na busca de Bolaño

Serramoura_TVG_Tortura santos_13012017

 No capítulo anterior de “Serramoura”, a crise pola ameaza de bomba rematou do mellor xeito posible. Luz continúa á fronte da taberna e Quique ten posibilidades de manter o seu posto no cuartel. Pero o principal problema da vila continúa a ser o peche do serradoiro. Na entrega desta semana, os traballadores acoden a dona Teresa nun intento de reconducir a situación, pero atópanse coa súa negativa. Mentres, Gloria e Raquel concentran os seus esforzos en abrir un novo serradoiro, para o que precisan dun terreo en que levantar o seu imperio. Sen embargo, ninguén quere vender.

Por outra banda, os homes de Senra teñen capturado a Santos e estano a someter ás peores torturas imaxinables para conseguir información sobre o paradoiro do tesouro de Bolaño. No que se refire a Marga, xa non ten dúbidas de que Bolaño é seu pai, pero esa non é a súa prioridade. O principal para Marga é atopalo, a el e a Bruno, despois de fuxiren do cuartel. As investigacións de Marga lévana a igrexa para interrogar a don Amancio, e no proceso levará unha sorpresa moi desagradable.

RIBEIRAS DE SALITRE

O programa mariñeiro da Televisión de Galicia, “Ribeiras de Salitre”, vai hoxe ata Lira, no concello de Carnota, onde se conserva a esencia da cultura mariñeira ancestral. As súas xentes senten a preocupación por conservar e transmitir o mellor desta tradición e xuntan 50 asociados nunha confraría que se dedica á pesca artesanal e ao marisqueo. O presentador X. H. Ribadulla entrevistará a Pili Blanco e Loli Pérez, dúas mariscadoras de a pé, que van a ameixa, ao berberecho e mesmo ao percebe, e tamén coñecerá a Milucho Louro, un experto na cultura mariñeira.

Na sección musical, actuarán “Os gaiteiros de San Mamede”, uns rapaces que perpetúan a música popular galega cun repertorio claramente mariñeiro. Fátima Dosil encargarase da parte gastronómica, preparando unha empanada de zamburiñas.

Acompañado por Abelardo Sande, o equipo de “Ribeiras de Salitre” embarcará nunha xeiteira, que imita as antigas embarcacións e que construíron na Asociación Cultural Canle. E o Patrón Maior, Mariano Lago, a bordo dunha gamela no propio porto de Lira, falará das súas características e, sobre todo, da súa valiosa Reserva Mariña de Miñarzos, destinada exclusivamente a cría de peixe e marisco. Por último, os espectadores coñecerán a José Dosil, un home que camiñou polo fondo do mar cando traballaba de mergullador con escafandro no despezamento de buques afundidos.

SOPA DE FESTA

Esta semana, o programa gastronómico “Sopa de Festa” dedícalle o seu espazo a un dos produtos máis representativos da marca Galicia, a tenreira galega. O país ten tradición e historia na produción de carne de vacún e, dende hai anos, parte desta carne comercialízase baixo o amparo desta Indicación Xeográfica Protexida (IXP). Trátase dos tenreiro nacidos e criados en Galicia que proceden de razas autóctonas. O equipo do programa trasládase ata unha gandería para que os espectadores galegos poidan ver como se crían e para que coñezan o tipo de controis veterinarios que se levan a cabo para que esta carne chegue aos establecementos coa calidade esixida para estar homologada pola IXP tenreira galega.

Nunha carnicería que comercializa este tipo de tenreira, os encargados ensinarán as características nas que debe fixarse o cliente para comprar carne con este selo. Da man dun experto carniceiro, os reporteiros coñecerán as diferenzas entre a tenreira galega e os outros tipos, e aprenderán as claves para cociñar esta carne.

Cada semana, “Sopa de Festa” reserva un espazo do programa para a cociña. Nesta ocasión, Xoán Crujeiras, un dos grandes cociñeiros galegos, preparará dúas saborosas receitas elaboradas con tenreira galega no seu restaurante Bido da Coruña.

GRANDES LUGARES

Esta semana en “Grandes Lugares”, os reporteiros achegaranse á parroquia de Nogueira, en Melide, e a Bousés, en Oímbra. Nogueira é unha zona rural e gandeira do concello coruñés de Sobrado dos Monxes, na comarca de Melide. A maioría dos veciños do lugar viven do campo, polo que, para coñecer un pouco máis o traballo no rural, os periodistas irán botar as vacas con Ángeles, unha gandeira defensora do agro que procede dunha familia numerosa de once membros. Tamén acompañarán a Eduardo vendendo polas aldeas na súa furgoneta, un auténtico supermercado ambulante. Na súa visita aprenderán a elaborar queixo artesanal e biscoito de cabaciña “á melidense” e, para rematar, entrarán na forxa de Antonio Boado, o último ferreiro da comarca.

Santa Baia de Bousés é unha aldea de 200 veciños do concello ourensán de Oímbra, na comarca de Verín. Esta é unha zona “arraiana”, limítrofe con Portugal, con moitas historias de contrabando. Coma outras moitas aldeas ourensás, Bousés conserva un Entroido moi orixinal e tamén destaca pola súa numerosa banda de música. Neste programa, os reporteiros botaranse ao monte co último pastor da aldea, que ten un rabaño de 74 ovellas. Tamén xogarán a brisca cos xubilados a sombra dunha vide e escoitarán o clarinete de Celso e Sindo, músicos da banda. Rematarán a visita con David, contador de historias que fará do Cicerone de Bousés.

A REVISTA FIN DE SEMANA

Na edición do domingo da “Revista Fin de Semana”, os reporteiros do programa achegaranse en directo á Cidade da Cultura, onde se celebra esta fin de semana o festival infantil de curtas PequeFilmes. Neste evento participan case 50 curtas, entre elas catro galegas, destinadas a unha audiencia infantil e realizadas en distintos países. O obxectivo do evento é darlle difusión a pezas de alta calidade que, debido ao seu público obxectivo, non chegan á televisión nin ás salas de cine.

No estudio, acompañará á presentadora Maria Solar Luis Blasco como voceiro de Adicae Galicia, a asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros de Galicia. Falará das cláusulas chan e de como detectalas. Tamén estará o analista político José Manuel Estévez-Saá, que analizará o contexto internacional, centrándose na toma de posesión de Donald Trump o vindeiro día 20. Ademais, pasarán polo programa os actores Luis Iglesia e Beatriz Serén, Emilio e Claudia en “Pazo de Familia”, que falarán do regreso da serie á canle pública na noite dos luns.

MINUTADO do 15/01/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

PILLADOS

09:25

NACER DE NOVO

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40

POLO CAMIÑO DA FE

10:00

SANTA MISA

10:35

CONTINENTES Á DERIVA

Microespazo que intenta dar a coñecer os distintos fenómenos da natureza, analizando as súas orixes e tamén as súas posibles consecuencias.

10:50

VIVIR O MAR

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:20

A XANTAR

A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro.

11:55

SOPA DE FESTA

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade.

12:30

REVISTA FIN DE SEMANA

Presenta María Solar.

13:55

LABRANZA

Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.

15:15

LOCAL DE LOCAIS

Espazo informativo, que aposta pola información de proximidade e se introduce polo miúdo no día a día das provincias galegas para ofrecer reportaxes en profundidade da actualidade máis destacada da semana.

15:35

O TEMPO

15:40

RIBEIRAS DE SALITRE “Porto de Lira”

A cultura mariñeira e a vida dos portos galegos volve á TVG con “Ribeiras de Salitre”, unha serie documental, dirixida e presentada por X.H. Rivadulla Corcón, que viaxará cada semana a un porto de Galicia para mergullarse no seu día a día.
O programa mariñeiro da Televisión de Galicia, “Ribeiras de Salitre”, vai hoxe ata Lira, no concello de Carnota, onde se conserva a esencia da cultura mariñeira ancestral.
As xentes de Lira senten a preocupación por conservar e transmitir o mellor da tradición e xuntan 50 asociados na confraría que se dedican a pesca artesanal e ao marisqueo.

16:20

LUAR DO DOMINGO

Resume das mellores actuacións da última edición do programa Luar.

19:05

LAND ROBER TUNAI SHOW BIS

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Irene Lourido. A información deportiva corre a cargo de Óscar Benito.

21:15

O TEMPO

22:00

CRÓNICAS DE SERRAMOURA

Espazo en que os propios personaxes da serie guiarán os espectadores nunha viaxe polas reviravoltas desta ficción.

22:25

SERRAMOURA Cap. 64: “A febre do ouro”

Serie. Thriller rural, que conta a historia dunha pequena e tranquila vila do interior, levará os espectadores por algunhas das paraxes forestais máis belas e tamén máis misteriosas de Galicia. No capítulo anterior de “Serramoura”, a crise pola ameaza de bomba rematou do mellor xeito posible.Luz continúa á fronte da taberna, e Quique ten posibilidades de manter o seu posto no cuartel. Pero o principal problema da vila continúa a ser o peche do serradoiro. Na entrega desta semana, os traballadores acoden a dona Teresa nun intento de reconducir a situación, pero atópanse coa súa negativa. Mentres, Gloria e Raquel concentran os seus esforzos en abrir un novo serradoiro, para o que precisan dun terreo en que levantar o seu imperio. Sen embargo, ninguén quere vender.

23:40

GRANDES LUGARES

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais. Esta semana en Grandes Lugares estaremos na parroquia de Nogueira, en Melide; e no lugar de Bousés, en Oimbra.

00:30

GRANDES LUGARES “Córgomo”

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais

01:25

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. Hoxe, o programa coñecerá vivendas moi especiais de Baiona, A Guarda, Vila de Cruces, Ames e Ourense.

02:20

TELEXORNAL NOITE

Último informativo do domingo que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis destacadas do día.

02:35

AQUÍ GALICIA (Rep.)

05:10

REPORTAXE “VIVIR AQUÍ” “Inventora”

05:20

NOITE DE JAZZ

05:35

SONS NA NOITE

05:55

REVISTA FIN DE SEMANA (Rep.)

07:30

NOITE DE JAZZ

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar