A Policía autonómica investiga a tres furtivos nas praias de Mugardos

Axentes da xefatura da Policía Autonómica en Santiago informan da investigación de tres presuntos autores dun delito contra a protección da flora e fauna na praia da Abarca, en Mugardos (A Coruña).

O día 11 de xaneiro, integrantes do Equipo de Resposta Policial (ERPOL) estableceron un dispositivo contra o marisqueo furtivo na praia da Barca. No transcurso do servizo identificouse a tres persoas, varóns, que foron imputados por un presunto delito contra a fauna e a flora.

Os axentes determinaron que os tres identificados vulneraban os límites legais na explotación da fauna e a flora da ría ao excederse tanto na capacidade, como nas tallas e as franxas horarias en cada xornada de extracción de marisco, chegando incluso a manipular os útiles e medios de extracción.

A Policía Autonómica tramitou o atestado e remitiuno ao Xulgado de Instrución en funcións de garda en Ferrol.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar