Queixas en Teo polas deficiencias de mantemento das estradas polo xeo

  saidas-de-calzada-polo-xeo_garda-civil_remitido-por-pp-de-teo_10012017

O Concello de Teo está a realizar un deficiente traballo de mantemento das pistas en inverno, de xeito que únicamente estaría botando sal a demanda concreta dos veciños en tramos determinados, pero non de forma xeralizada e preventiva. Así o afirma o PP do concello coruñés.

En datas recentes tivo lugar un accidente no vial que une Luou con Lampai, cuxo estado sorprendeu á veciñanza que pasaba polo lugar ou se achegaba para prestar asistencia. A xeada era intensa e a pista non fora tratada con sal.

Segundo puido saber o Partido Popular, durante este inverno soamente se está a intervir botando sal baixo demanda cando hai unha chamada previa dos veciños, pero non se actúa con carácter xeral e preventivo como corresponde.

jose-manuel-guerra_rolda-de-prensa-pp-de-teo_10012017

Ante esta situación, o portavoz do grupo popular, José Manuel Guerra, pide información ao alcalde acerca do mantemento que se está facendo dos viales este inverno e esixe que se leve a cabo un labor preventivo, para evitar incidentes na circulación a causa das xeadas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar