A cantante Melody actuará hoxe en “Land Rober Tunai Show”

 

lans-rover_tvg_11012017

 O “Land Rober Tunai Show” cambia desde esta semana o seu día de emisión aos xoves, pero mantén intactas as súas ganas de troula. Roberto Vilar e o seu equipo comezan o primeiro programa do ano con moita forza e coa popular Melody como convidada. A cantante visita o estudio cun obxectivo entre mans, crear “O baile do gorrillas”. Os espectadores poderán ver se a artista é capaz de domar a José María e José Luís e facer con eles unha coreografía.

Ademais de Melody, tamén vai acompañar ao equipo o humorista David Perdomo, que se achegará con algúns dos seus milleiros de personaxes. Os sketchs máis divertidos e o retorno do intrépido Frank Rober, que nesta ocasión amosará a fauna que se agocha nas salas de espera dos hospitais, tamén terán un oco no programa. Todo isto, na compañía de Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias, este xoves a partir das 22.00 h.

A REVISTA

A Revista” estará hoxe en directo na localidade coruñesa de Ares, onde os reporteiros do programa coñecerán a iniciativa “Una cura para Adri”. Adrián Vilasánchez é de Ares e foi diagnosticado da síndrome de Hunter, unha enfermidade rara, dexenerativa e incapacitante. Os seus pais desenvolveron este proxecto para conseguir, a través de pequenas doazóns por Internet, unha recadación que lle permita acceder a un tratamento.

Ademais, os reporteiros do programa tamén estarán en Santiago de Compostela nas instalacións de Fademga, unha asociación que apoia o desenvolvemento persoal de persoas con discapacidade intelectual. Nas aulas da entidade estanse a formar varias persoas con esta condición para presentárense ás oposicións para o emprego público.

No estudio de gravación, Laura Peña entrevistará a Jorge Rivero, organizador de Pequefilms, o festival de curtas infantís de Galicia, que se celebra na Cidade da Cultura en Compostela os días 14 e 15 de xaneiro. Tamén estarán Carlos Arevalo, membro de The Funkles, e Manuel Manquiña e mais Alfonso Espiño, de Los Fabulosos Weekend. Os tres falarán da “Noite a tres bandas” que se celebra este sábado na Sala Capitol de Compostela, na que tocarán os seus grupos xunto á banda Mad Martin Trío.

tvG2

ZIGZAG DIARIO

ZigZag Diario” ocúpase hoxe da carteleira. Os cineastas Paco Gallego e Xosé Bocixa asinan a curta “Unha muller que pasa – Silencio”, filme en dúas partes cos desafiuzamentos coma tema principal e os versos de “Follas Novas” de Rosalía de Castro como fío condutor. O cultural da tvG2 falará desta cinta gañadora do Certame de Curtas para Rosalia e mención especial no Festival Internacional de Cine de Autor de Ourense.

Ademais, o programa achégase ao traballo do videoartista galego David Ferrando e recibe a Ernesto Chao no estudio para falar dos filmes “Migas de Pan”, de Manane Rodríguez, e “María y los demás”, de Nely Reguera, dúas das últimas películas galegas en chegar a carteleira nas que participa. A primeira ocúpase da última ditadura do Uruguai a través do relato de Liliana Pereira, ex–presa política e, a segunda, céntrase na vida de María, quen, tras unha longa tempada coidando do seu pai, atravesa un duro período emocional cando este bota noiva.

MINUTADO do 12/01/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro” cos xornalistas José Luís Jiménez, Julián Rodríguez e Carla Reyes.

10:40

A COCIÑA DE ANDRÉ “Torta de queixo e laranxa”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05

O FARO Cap. 81

Serie.

11:55

SOPA DE FESTA “O porco celta”

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. “Sopa de Festa” dedica a entrega desta semana a un dos grandes produtos galegos, o porco celta, unha raza autóctona recuperada hai anos que os gandeiros estiman cada vez máis.Para coñecer un pouco máis sobre o porco celta, as súas principais características, alimentación e coidados, o equipo de “Sopa de Festa” trasladouse ata a localidade lucense de Triacastela para visitar a quinta de Coporcel.

12:35

A REVISTA

Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, presentados por Irene Lamas.

13:40

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:45

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35

O TEMPO

15:50

FONTEALBA Cap. 79

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro. Parece que Aurora quere reconciliarse con Mati, a filla do seu home. Empeza a xestarse unha certa alianza entre Amalia e Cristina pola dirección de Hortodouro. Xaquín cóntalle todas as novas a Luís, mentres que Gonzalo se ve nun triángulo amoroso do que ten que saír polo seu ben laboral. Vera segue sen ser optimista despois das probas médicas.

16:40

PADRE CASARES Cap. 90: “Cuestión de santidade”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Sindo e Lidia fai tempo que ansían ter un bebé. Pero o taberneiro acaba de recibir unha desagradable noticia que vai truncar por completo os seus plans. Os resultados das probas de fertilidade confirman os seus temores: Sindo non pode ter fillos.

17:50

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:50

ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

20:25

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Pérez.

21:55

O TEMPO

22:05

LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS

22:20

LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Esta semana, o “Land Rober Tunai Show” cambia o seu día de emisión pero non cambia o espectáculo e as ganas de troula de Roberto Vilar e o seu equipo. E, o primeiro programa do ano vai comezar moi forte, tendo como convidada a popular Melody. A cantante visita o estudio cun obxectivo entre mans, crear “O bale do gorrilla”. Os espectadores poderán ver se a artista é capaz de domar a José María e José Luís e facer con eles unha coreografía.

00:30

HINTERLAND

Serie de policías.

01:25

FOLGO E FEITURA “De copas, fundidos e vitrais”

Serie de documentais centrados en procesos produtivos que se realizan en Galicia para xerar un milleiro de produtos. O programa coñecerá, deste xeito, como se fabrican ducias de artigos, desde bonecas e cosméticos ata copas e fouces.

2:00

TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:10

FONTEALBA Cap. 79 (Rep.)

03:00

TI VERÁS (Rep.)

03:50

SOPA DE FESTA (Rep.)

04:25

MAR DE FONDO

04:30

NOITE DE JAZZ

04:40

SONS NA NOITE

05:00

A REVISTA (Rep.)

05:55

NOITE DE JAZZ

06:30

ÁREA PÚBLICA (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar