O Concello de Vigo estudia a promoción das zonas de maior afluencia turística

abel-caballero_hostelerios-hostaleiros_provisional

O rexedor de Vigo mantivo un encontro con representantes da hostalería e o comercio da cidade no que abordaron o tratamento do Casco Vello, o ensanche e Bouzas como reclamo turístico. Tamén estudarán de forma coordinada a xestión da «inmensa afluencia» de visitantes ás Illas Cíes.

Abel Caballero reuniuse con representantes de Feprohos, Vigovello e Zona Náutico con quen dixo que o Concello mantén unha «relación fluída» para tratar a posibilidade de que a zona de especial afluencia turística, circunscrita ao Casco Vello, o ensanche e Bouzas, sexa posta en valor entre os turistas que visitan a cidade con sinalización e información completa para «conducir, reconducir e chamar a atención» dos visitantes sobre o atractivo turístico desta zona «e todo o que pode facerse alí».

Ademais, o Concello e a hostalería estudarán de forma conxunta a maneira de canalizar «a inmensa afluencia que están tendo as Illas Cíes como enclave medioambiental e fundamentalmente como bandeira turística». Así, explicou o alcalde, o obxectivo é conseguir que os visitantes atopen outros atractivos na contorna da ría para pasar na cidade máis días logo da viaxe ao arquipélago, divulgando nestas accións as facilidades e recursos que ofrece a zona.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar