A TVG estrea hoxe “O final do Camiño”, sobre a construcción da Catedral de Santiago

tvg_estrea-o-final-do-camino_2jpg

A TVG estrea hoxe ás 22.15 h. “O final do camiño”, primeira serie que recrea os convulsos anos da construción da catedral de Santiago, entre 1075 e 1120. Producida por Voz Audiovisual para Televisión de Galicia e Televisión Española, esta superprodución de oito capítulos conta con impactantes decorados para poñer contexto á historia de tres irmáns e á súa relación con personaxes da época como os bispos Peláez e Xelmírez, ou a raíña dona Urraca.

A ficción arranca cun ataque sarraceno que acaba coas vidas dos pais dos irmáns De Catoira e marca para sempre os seus destinos. Gonzalo convértese en soldado cristián, Estevo, en aprendiz de construtor e traballador das obras da catedral, e Pedro, secuestrado de cativo, nun fervoroso guerreiro musulmán. Os tres serán pezas clave na historia do seu tempo, coñecendo a ambición do bispo Peláez por edificar un templo que compita con Roma, a de Alfonso VI por conseguir o maior imperio cristián da época, a da raíña Urraca por ostentar o poder dun rei, ou a de Yusuf Ibn Tasufin por acabar cos cristiáns da península. Haberá tamén personaxes anónimos que encarnan o día a día da Compostela da época, como un médico xudeu que loita por salvar vidas contra os mandatos da Igrexa, un monxe que pon o contrapunto á ostentación e vanidade das autoridades relixiosas ou un comerciante con pouca ética que ansía unha cidade próspera.

tvg_estrea-o-final-do-camino_1

O final do camiño” está protagonizada por  Antonio Velázquez, Javier Rey, Guillermo BarrientosBegoña Maestre, que dan vida aos irmáns Gonzalo, Pedro e Estevo de Catoira, e a Elvira, a intrépida boticaria casada con Gonzalo. Tamén ten un papel destacado a mediática actriz Cristina Castaño, que se incorporou á produción desde a serie “La que se avecina”. Completan o elenco actores galegos xa consolidados coma Xavier DeiveTito AsoreyAntonio Durán “Morris”Antonio MourelosManuel RegueiroMiguel Ángel Blanco ou Fernando Morán.

Ademais, para levar a cabo unha superprodución en que os espectadores poderán ver desembarcos, batallas e múltiples pelexas, contouse con máis dunha vintena de especialistas para a rodaxe das escenas de acción. A serie rodouse tanto en interiores coma en exteriores, para o que se reconstruiron espazos da cidade medieval de Santiago, o que permitirá amosar con gran realismo a vida nos séculos séculos XI e XII e as obras de construcción da catedral. As escenas de “O final do Camiño” localízanse en enclaves coma Silleda, onde se recreou a cidade de Compostela; Lalín; Xestoso; Catoira; Herbón, ou o mosteiro de Carboeiro.

Coa emisión os mércores pola noite da nova serie, o “Land Rober Tunai Show” pasará a emitirse, a partir desta semana, os xoves pola noite.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar