Santiago: O Goberno local demanda informacion sobre o persoal de axuda no fogar

concha-fernandez_conselleira-santiago_provisional
Concha Fernández, concelleira.

 O Goberno local envioulle un escrito á empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), Valoriza, no que se lle solicita aclaración sobre a situación sociolaboral das auxiliares que prestan este servizo no Concello de Santiago.

Ademais, o Goberno requírelle á empresa que garanta o cumprimento do convenio de auxiliares tal e como indicou a inspección de traballo e que se recolle no prego de contratación. Nese mesmo documento, remitido a finais do pasado mes de decembro, pídese tamén información puntual de calquera modificación na plantilla e nas condicións das persoas traballadoras para que o Concello de Santiago poida tomar as medidas oportunas respecto da prestación dun servizo que considera esencial.

O Goberno local non descarta abrir un procedemento sancionador ante a empresa Valoriza no caso de que non responda aos requirimentos emitidos por este Concello. Ademais, en previsión do remate do contrato o próximo 27 de abril, estanse a rematar os pregos de condicións para a nova licitación.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar