Parque forestal periurbano en Pontevedra

o-alcalde-de-pontevedra-miguel-fernandez-lores-e-presidente-da-comunidade-de-montes-de-campan%cc%83o-jose-maria-domininguez-vida_04012017O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores e o presidente da Comunidade de Montes de Campañó, José María Dominínguez Vidal, asinaron o protocolo de colaboración que marca o inicio do percorrido para crear o parque forestal periurbano de A Tomba. Un proxecto que ten por diante un camiño de arredor de dous anos.Nunha primeira fase -feita a tramitación administrativa- procederase a limpeza e eliminación de especies invasoras e a preparación das pistas e sendas. A segunda fase será a de plantación.O alcalde subliñou que estamos diante dun proxecto que conta coa aprobación da comunidade de montes que terá que facer a cesión temporal dos terreos comunitarios e máis “de todo o movemento asociativo de Campañó”.
A posta en valor e o aproveitamento do monte, o uso social (de lecer) deste espazo natural, a prevención dos lumes forestais, o coidado do medio ambiente e a aposta polo monte tradicional e a biodiversidade son aspectos vencellados ao proxecto de parque forestal periurbano do monte de A Tomba (tamén chamado Montecelo). “O Concello ten a obriga de coidar o medio ambiente, e unha obriga de todos porque o monte é de todos” subliñou Fernández Lores.

“Nós poñemos A Tomba ao servizo dos veciños e veciñas para que podan gozar do monte” dixo o presidente dos comuneiros sen esquecer que o parque forestal non deixará de lado o aproveitamento do monte se non que o potenciará. Neste senso está prevista unha plantación experimental de 3,1 hectáreas de oliveiras (5.849 pés).

A Comunidade de montes de Campañó ten ademais un obxectivo no horizontes: chegar a xuntar as sendas do Castrove coas da Tomba.

O Concello prevé un investimento de 440.000 euros (aprox) nos próximos dous anos. Pola súa banda os comuneiros cederán os terreos por un tempo inicial de 30 anos.

O futuro parque forestal da Tomba ocupará 62 hectáreas e contará con 17 quilómetros de sendas, delas 1,1 km poderán ser transitadas por coches e 15,9 serán para peóns e de convivencia (segundo os tramos) con ciclistas de paseo. Ademais a parte alta contará cun miradoiro sobre Pontevedra.
A Tomba pretende ser “un exemplo de monte galego sustentábel” explica, pola súa banda, o concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez. “Dende un punto de vista económico porque será un monte productivo, social xa que será para uso e goce das persoas que se acheguen e ecolóxico pois se eliminarán e combaterán as especies invasorase apostarase pola biodiversidade”.

O novo parque periurbano terá: 22 hectáreas de souto, 20 ha. de frondosas (castiñeiros e carballos) 3 ha. de oliveiras e 15 hectáreas de bosque mixto.

Na parte alta terá un miradoiro sobre Pontevedra.

O parque forestal periurbano de A Tomba será o terceiro do Concello após de O Pontillón e A Fracha (en fase de redacción do proxecto). É o máis próximo a cidade: a 4 km de distancia da praza da Peregrina.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar