Pontevedra adica dous millóns a obras negociadas coa veciñanza

Mellor accesibilidade e mobilidade, maior seguranza viaria, calmado de tráfico, renovación de pavimentos, da sinalización… e mesmo a creación do núcleo de centralidade parroquial. Son os obxectivos que hai detrás dos investimentos que fará o Concello no rural pontevedrés e que foron anunciados polo portavoz do Goberno local, Raimundo González Carballo.

Os oito proxectos previstos para botar a andar de inmediato terán un custe superior aos 2 millóns de euros, cartos que xa están consignados nos orzamentos do ano. Todos as actuacións están faladas e priorizadas cos consellos parroquiais, subliñou González Carballo quen na súa condición de concelleiro de Economía e Facenda e mantivo unha xuntanza de traballo cos concelleiros responsábeis das distintas parroquias: Demetrio Gómez, Pilar Comesaña e Alberto Oubiña.

Actuacións previstas:

Creación do núcleo de centralidade de Verducido. Un novo espazo público (praza) ao carón da igrexa e o cemiterio, e preto da sede social da xunta de montes e o pavillón. A futura praza cumprirá cos parámetros de calidade urbana.

Conexión A Ruibal – O Carballo do Pazo, en Salcedo
Conexión O Regueiriño (zona alta) – A Carballeira, en Lourizán Conexión de Santa María e Santo André de Xeve (acceso a Maúnzo) Conexión Sabarís – Cabaleiro, en Campañó (accesos a Ferreirós) Calmado do tráfico e melloras na rúa do Costado, en Mourente. Calmado de tráfico e melloras en Vilafranca, en Marcón.

A todas estas actuacións se lle engadirá a implantación de medidas de calmado de tráfico na contorna dos colexios: San Bieito de Lérez, San Martiño de Salcedo e A Carballeira de Lourizán.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar