TVG remata o ano como líder de audiencia das canles autonómicas

gayoso_especial-fin-de-ano-na-tvg_02012017

A Televisión de Galicia foi a canle autonómica máis vista en España no mes de decembro, rachando así anos de liderado da televisión catalá, que quedou 0,6 puntos por debaixo. A TVG acadou deste xeito unha cota de pantalla, ou share, do 11,4% no total día. Estes resultados foron posibles grazas a unha programación que obtivo o claro apoio dos galegos e as galegas, onde sobresaen a forza dos informativos e programas de entretemento para a toda a familia, e tamén pola boa audiencia de espazos consolidados na grella da TVG como “Land Rober Tunai Show”, “Bamboleo”, “Luar”, ou a serie policial “Serramoura”.

Había anos que non se chegaba a este liderado das canles autonómicas, en que a Televisión de Galicia actúa como principal motor de FORTA, e nun momento en que, sendo sinxelo atopar distintas vías de información e lecer, a sociedade galega apoia os contidos dos seus medios públicos.

 

 

gayoso_especial-fin-de-ano-na-tvg_02012017_2

No cómputo anual de 2016, a TVG foi con TVE a única canle xeneralista que creceu en Galicia sobre o ano anterior, ao acadar unha audiencia media do 9,8%, o que significa cinco décimas de incremento anual. A isto pódeselle engadir outro 0,8% de audiencia media da tvG2. Na franxa do prime time, a TVG foi a segunda canle máis vista en Galicia, cun 10,9%, só por detrás de Telecinco.

No último día de 2016, a Televisión de Galicia foi a canle escollida polos galegos e galegas, ao rexistrar unha audiencia media do 16,4%, superando a todas as demais canles nesa xornada. O “Especial Fin de Ano” acadou unha cota de pantalla de 18,3%, cunha audiencia media de 136.000 espectadores, quedando a só 6,7 puntos de A3 e a 2 puntos de TVE.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar