Exposición en Braga da vida e obra do escritor Manuel Rodríguez López

 

Manuel Rodriguez López_escritor de LugoHoxe vaise presentar ao público na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, en Braga, a exposición Manuel Rodríguez López, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto do Concello, que da nome á Casa municipal de Cultura e ao Certame Literario, xa na XXI edición.

A mostra forma parte do Proxecto Manuel Rodríguez López emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo (Delegación de Cultura), o Concello de Lugo e a Real Academia Galega. Ademais, incorpórase a esta edición como entidade co-patrocinadora o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Esta mostra itinerante percorreu xa numerosas cidades e localidades galegas, visitou a Casa de Galicia en Madrid e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca, León ou Vitoria, e tamén o Centro Galego de Lisboa, o que supuxo un fito importante no desenvolvemento e expansión deste proxecto.

A exposición está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.

Neste acto tamén se presentarán a reedición do folleto que presenta os contidos completos da exposición, e a segunda edición da Antoloxía Poética de Manuel Rodríguez López, coordinada por Xesús Alonso Montero e Santiago Rodríguez.

Máis información: en www.manuelrodriguezlopez.org


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto