Esto é o PSOE, amigos

 

Se eu fose militante do PSOE estaría, sen dubidalo, con ese 60 por cento dos dirixentes que no CF decidiron que se absterán na votación para facer presidente a Mariano Raxoi.

Apoiaríaos pois trátase dunha decisión congruente, que está no seu ADN, desde o seu nacemento en Suresnes.

Desde aquelas, a súa radicalidade sempre foi artificiosa, táctica. O ex ministro Xosé Manuel Otero Novas, conta como can- do se está a pactar a Constitución, Felipe Gónzalez poñía trabas e máis trabas, aínda que o pacto fundamental xa estaba rubricado. Súarez non só transi- xía, senón que o axudaba para impedir que Carrillo lle puide- se sacar votos.

O PSOE é parte fundamental da UE de Maastricht, do plano de estabilidade, da reforma expres da Constitución, dos que querían a «Solución Armada» antes do 23-F, e logo de cumprir o Pacto do Capó coa LOHAPA, a Lei Corcuera…, os GAL: iso todo é o réxime de 1978, que non se entende sen a contribución decisiva do PSOE.

Un partido que ten conciencia de Estado. Esa circunstancia, que sobarda calquera outra, lévao irremisíbelmente, se non é capaz de presentar un goberno alternativo gañador, a aceptar que o outro partido da alternancia constrúa maioría e poda gobernar. O demais son lilas lilainas.

Pero non só iso, ten que estar disposto a pactar os grandes temas. E o grande tema de ho- xe para o Estado español cháma-se Catalunya.

Un informe do CESID dos anos oitenta xa afirmaba que o problema en Catalunya era unha Generalitat que podía declarar a independencia (en Euskadi ETA e na Galiza as Comisións Labregas).

Nin o PSOE, nin o Estado, se poden permitir unhas terceiras eleccións. Porque o PSOE perdería o sue papel na alternancia e porque non existe aínda unha alternativa a Raxoi. Podemos non está preparado para o recambio co desafío catalán á vista.

Claro que as bases e os votantes socialistas lle dan hoxe máis importancia aos dogmas ideolóxicos que ao sentido de Estado. Pero non se preocupen, o CNI non só realizou unha axeitada análises da situación, senón un plano A e un plano B, por si as caso. Análises e alternativas que teñen os principais dirixentes e que farán que tanto a maioría dos militantes socialistas coma dos seus votantes dean o mesmo xiro de pensamento que deron os seus líderes. O PSOE volverase «roxísimo». Tan roxo coma en 1978 e, como daquelas, pactará por detrás.

Aquí o único que non debía ter acceso aos Boletíns de Situación foi Pedro Sánchez, ou non entende o que é o Estado das liñas paralelas que se encontran, como ben o definiu o italiano Aldo Moro.

 

Afonso Eiré é xornallista e colaborador habitual de El Correo Gallego

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar