O Concello de Lugo escolle os membros da Comisión Permanente

pleno-concello-lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu  unha reunión do Consello Municipal de Cultura, a primeira que se celebra dende o ano 2004. Foi unha xuntanza na que se escolleron os membros da Comisión Permanente, que engloba cinco áreas, artes escénicas, música, música tradicional, formación e museos e bibliotecas.

O Consello Municipal de Cultura reunirase de novo en xaneiro, celebrádonse xuntanzas de cada catro meses. O primeiro obxectivo será actualizar o regulamento do órgano, que data de hai máis de 10 anos. O novo regulamento terá que ser elevado a Pleno para a súa aprobación.

No Consello están representados os seis grupos políticos da Corporación Municipal, así como a Sociedade Filamónica Lucense, a Federación de Veciños, a Biblioteca Pública de Lugo, o Museo do Castro de Viladonga, o Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, Abanca, a Escola de Artes e Superior de Deseño Ramón Falcón, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Caixa Rural Galega, a Asociación IV Ciclo Universitario, o Club Cultural Valle Inclán, a Asociación de Antigüidades Coleccionismo e Artesanía Alto, a Consellería de Cultura (delegación territorial de Lugo), a Asociación Cultural Lugo Patrimonio, a Asociación Cultural Achádego Teatro, a Asociación Cultural Cantigas e Frores, a Asociación Cultural do País e a Asociación Gaiteiros Galegos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar