TVG: O «Land Rover Tunai Show» recibe hoxe a Feijóo

land-rover-feijoo

O nunca visto. O inimaxinable. Esta semana, o convidado máis importante na historia do programa sentará no sofá de “Land Rober Tunai Show”. O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, que acaba de conseguir a súa terceira maioría absoluta, vai estar esta noite no show máis falcatrueiro da Televisión de Galicia. Qué argallará Roberto Vilar para el?

Ademais, un dos persoeiros máis importantes da historia da música internacional entrará por teléfono no programa. Un dos homes máis admirados por eles e máis desexados por elas. Para descubrir de quen se trata, os espectadores terán que esperar ás 22.00 h. de hoxe.

Por suposto, non faltarán á cita Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias, nin os pratos estrela do menú que ofrece “Land Rober” cada semana, coma o “Quen vés sendo” ou “Radio Rober”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar