The Chemical Brothers actuará en Santiago no Ano Xubilar da Misericordia

The Chmical Brothers_actuación en Santiago The Chemical Brothers participará no Ciclo Latitudes, unha programación musical promovida por Turismo de Galicia no marco da celebración do Ano Xubilar Extraodinario da Misericordia.

Así, este lexendario grupo ofrecerá un concerto o 30 de outubro no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela, Trátase dunha das catro únicas actuacións que The Chemical Brothers realizarán en España, xunto aos concerto que darán en Barcelona, Madrid e Bilbao.

O grupo británico traerá á meta da Ruta Xacobea o seu último disco ‘Born In The Echoes’ e os principais éxitos da súa traxectoria musical que suma xa 25 anos. Cun número incontable de xiras e éxitos as súas costas e unha espectacular posta en escena, The Chemical Brothers consolidouse como un dos cabezas de cartel máis cobizados dos festivais de todo o mundo e os máximos representantes da electrónica.

Programa de concertos

Xunto a este concerto esta programación musical traerá a Galicia outros artistas de renome. Así, visitarán a Comunidade Xoel López, Anne Etchegoyen, Michael Nyman e Leiva para deleitar tanto aos miles de turistas e peregrinos que están a elixir Galicia como destino como aos galegos e galegas.

Pola súa parte, o artista coruñés Xoel López chegará coa súa xira Paramales á cidade xacobea o 10 de setembro para compartir velada con Anne Etechegoyen, todo un fenómeno musical en Francia que realizou o Camiño de Santiago nunha búsca espiritual e creativa que culminou no álbum musical ‘Compostelle’.

O 4 de novembro, Compostela acollerá o concerto dun dos compositores e pianistas máis innovadores do Reino Unido, Michael Nyman, e o 10 deste mesmo mes subirase ao escenario Leiva, que presentará o seu terceiro disco ‘Monstruos’.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar