«Goza da Ría», esta fín de semana, en Ferrol


Concelleiros FerrolFerrol vivirá este fin de semana a primeira edición de  Goza da Ría, un completo programa de actividades deportivas, gastronómicas e de lecer, nas que destaca o I Arroz da Ría, o domingo na Cabana, unha cita organizada polo Concello de Ferrol na que se repartirán máis de 1.000 racións deste produto e que se sumará á Festa do Choco o sábado e a actividades como o Triatlon e a Bandeira de Traiñeiras, que traerán a centenares de deportistas á cidade.

As actividades foron presentadas polos concelleiros de Turismo e Deportes, Bruno Díaz, e de Festas, Germán Costoya, acompañados dos responsables do Club Triatlon Ferrol, Cali Formoso, e do Club Remo da Cabana, José Almeida, así como da Asociación López Bouza de Caranza.

Cartel Goza da Ría Ferrol_completo

 

O  Goza da Ría que segue coa liña establecida por este goberno de que non só haxa actividades só na semana grande das Festas, senón que se poida gozar de Ferrol durante todo o mes, como se viu coa Feira Medieval a principios de agosto ou o pasado fin de semana co Ferrock, que obtivo un importante éxito nesta primeira edición.

Con este fin, Bruno Díaz destacou que a ría de Ferrol, a súa contorna será o sábado e o domingo un “referente de ocio e lecer para toda Galicia” cunhas actividades que supoñen, engadiu Germán Costoya, a “posta en valoro do noso, do ferrolano”, porque “non temos nada que envexar a outras cidades”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar