Pontevedra: Novo aspecto da céntrica rúa Daniel de la Sota

Novo aspecto Daniel de la Sota rúa Pontevedra_provisionalO Concello de Pontevedra rematou os traballos de reforma da rúa Daniel de la Sota no seu tramo peonil. Para mellorar a mobilidade das persoas nesta rúa, que ten unha grande afluencia durante todo o día, o Concello acordou retirar os espazos de céspede que foron substituídos por lousas e mantivo o arborado enmarcado con lousas de pedra a modo de alcorque, seguindo o mesmo modelo que se realizou fai uns meses na rúa Peregrina.

Neste momento, os traballos trasladáronse ao tramo da rúa Peregrina, onde se atopa o parterre máis grande, que recibirá o mesmo tratamento que os anteriores.

Cabe lembrar que con esta actuación o Concello dá resposta a múltiples peticións de veciños e comerciantes da zona que solicitaban reducir estes espazos, ademais de darlle unha solución definitiva a zonas que tiñan un difícil mantemento por ser moi sombrías.

O concelleiro de Obras Urbanas, Luís Bará, lembrou no seu día que esta obra é consecuencia da evolución do modelo de cidade, que é vivo, e que co paso do tempo vai requerindo outras necesidades, como o caso de Daniel de la Sota e Peregrina que rexistran un elevado número de peóns durante todo o día.

O custe total da obra é de 60.244,88 euros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar