Abel Caballero compromete máis apoio ao deporte nos Orzamentos de 2017

Abel Caballero_veiñanza_provisionalO Concello de Vigo aumentará no próximo documento orzamentario o seu apoio ao deporte, tal e como lle transmitiu hoxe venres a distintos coletivos da cidade. Durante ese encontro anunciou a renovación dos convenios que permiten a entidades deportivas, sociais e centros de ensino usar instalacións municipais sen custo algún.

O alcalde avanzou esta mañá que o goberno local vai ampliar a súa acción en materia deportiva polo que animou a clubes e entidades deportivas a presentar proxectos de cara a ser incorporados ao próximo documento orzamentario. Así llo manifestou esta mañá aos colectivos que usan sen custo as seguintes instalacións deportivas: Complexo de As Travesas, Pavillón Monte da Mina, Pavillón de Coruxo, Polideportivo de Samil, Pavillón deportivo de Teis, Pavillón de Lavadores e campos de fútbol varios.

En posterior rolda de prensa, Caballero anunciou a renovación destes convenios de cooperación cos seguintes colectivos: Agrupación Deportiva Coruxo, a Federación Galega de Squash, Federación Galega de Taekwondo, Agrupación Deportiva Vigo, Asociación de Veciños Monte da Mina, Cedro, Alborada, Síndrome de Down, San Francisco, Menela, Ceip Altamar, IES A Guía, IES Teis, IES Santo Tomé e IES Santa Irene.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar