A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia conta hoxe con «Trópico de Plata»

Trópico de Plata_provisional
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia contará hoxe as 23:00 h. no Auditorio do Castelo coa obra «Trópico del Plata» de Vera Vera Teatro, unha producción arxentina dirixida e escrita por Rubén Sabadini.

“Contar a historia de Aimé e Guzmán é narrar cómo un corpo é atravesado por outra voz. Trópico del Plata é unha historia que, ainda que paradóxicamente chamamos “de amor”, enmascara e disfraza certas violencias. Mentras escribía a obra pensaba que ambas persoaxes, Aimé e Guzmán, debían ser actuados/relatados pola mesma actriz. Esa decisión foi un recurso dramático que hoxe constitúe a linguaxe da posta en escea.”, apunta Rubén Sabadini acerca da pieza.

Da comedia sórdida ao drama amoroso, Trópico del Plata aborda a historia de Aimé, unha muller que vive na habitación contigua ao «baile dos enmascarados». Guzmán é quen organiza a festa e quen constrúe o disfraz de Aimé ao seu propio gusto: carteiriña, roupa, perruca e branqueándolle a pel tamén. Unha muller con restos de disfraz ou un disfraz con restos de muller: a emboscada é tráxica.

Declarada de interese cultural pola Legislatura de la Ciudad de Buenos Aires en 2014.

Laura Nevole foi nominada como Mejor actriz Premios Teatro del Mundo 2014 e 2015 e nos Premios Luisa Vehil 2014,e a peza obtivo a 1º Mención de Honor del Concurso de Obras de ARTEI.

O seu autor, Rubén Sabbadini, obtivo a primeira Mención de Honra no Concurso de Obras de Artei, Buenos Aires, Argentina.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar