En renovación a web oficial da toponimia galega

O vicepresidente, Alfonso Rueda, asistir‡ ‡ rolda de prensa de presentaci—n dos novos traballos de revisi—n, correcci—n e actualizaci—n do Nomencl‡tor de Galicia. TamŽn participar‡n a directora da Amtega, Mar Pereira, o secretario xeral de Pol’tica LingŸ’stica, Valent’n Garc’a, e o membro da RAG Xesœs Ferro Ruibal.
O vicepresidente, Alfonso Rueda, asistir‡ ‡ rolda de prensa de presentació—n dos novos traballos de revisi—ón, correcci—ón e actualizaci—ón do Nomencl‡ator de Galicia. TaméŽn participaro‡n a directora da Amtega, Mar Pereira, o secretario xeral de Pol’tica LingŸ’stica, Valentí’n Garc’a, e o membro da RAG Xesœs Ferro Ruibal.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou un adianto do novo portal oficial de Toponimia de Galicia (toponimia.xunta.gal), un web que será actualizada ao abeiro da colaboración entre a vicepresidencia autonómica, as consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio -a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET)- e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para a renovación desta ferramenta e para a publicación dunha nova edición do Nomenclátor da Xunta de Galicia.

Tanto na nova web como na versión actualizada do Nomenclátor revisaranse os 30.000 nomes que xa figuran coas coordenadas, e xeorreferenciaranse arredor de 10.000 nomes de entidades de poboación que figuran no Nomenclátor da Xunta de Galicia e que non as posúen, que quedarán incluídos. Neste momento xa se están a realizar os traballos de campo e de recompilación de información lingüística e xeográfica para publicar ambas as ferramentas antes de que remate o ano.

NOMÉNCLATOR CORRIXIDO

O obxectivo destas actuacións é elaborar un novo Nomenclátor corrixido e actualizado que sexa fonte única de información oficial e normalizada para todas as administracións e para cartografía de Galicia, evitando duplicidades, así como divulgar este documento xeorreferenciado entre organismos públicos (locais, autonómicos e estatais), empresa privada e público en xeral. A introdución das coordenadas xeográficas de cada topónimo para localizalo a través das novas ferramentas TIC permitirá o seu uso en aplicacións de uso habitual na actualidade como navegadores de vehículos ou buscadores de enderezos.

Por outra banda, o renovado web do Proxecto Toponimia de Galicia contará con contidos divulgativos destinados a difundir o valor, riqueza e singularidade dos topónimos galegos, protexidos pola Lei de normalización lingüística e recoñecidos como parte do noso patrimonio inmaterial pola Lei para a salvagarda do patrimonio inmaterial do Estado español e pola Lei de patrimonio cultural de Galicia.

Así mesmo, a medio e longo prazo, procurarase a colaboración de asociacións e particulares na recompilación e xeolocalización da microtoponimia. Esta iniciativa dá continuidade, asemade, aos traballos que o Goberno galego realiza a través do Proxecto Toponimia de Galicia, tanto a nivel autonómico como municipal. De feito, o novo web permitirá consultar o estado do proxecto nos diversos concellos galegos.

QUINCE ANOS

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que o Proxecto Toponimia leva xa máis de 15 anos de andaina, no que toda a Xunta está implicada nel, e destacouno coma un proxecto de gran importancia cultural e histórica, que contribúe á recuperación dunha parte tan rica do noso patrimonio, coma é a toponimia.

Rueda incidiu que este proxecto é unha iniciativa aberta á cidadanía, no que pode colaborar, xa que coa nova aplicación poderán facer as súas achegas e enriquecer aínda máis as bases de datos, dispoñible para PC, tableta e smartphone, que permite así a recollida e xeorreferenciación da microtoponimia galega.

O Proxecto Toponimia de Galicia, posto en marcha no ano 2000 como un proceso complementario ao Nomenclátor de Galicia, aborda a recuperación do que se vén chamando microtoponimia, é dicir, a toponimia referente ás entidades xeográficas distintas dos núcleos de poboación, tales como terras de cultivo, cursos de auga, outeiros e montes. A iniciativa naceu coa intención de salvar un patrimonio que en Galicia é particularmente rico, debido a factores diversos como o espallamento da poboación no territorio, a división da terra en parcelas moi pequenas ou a orografía.

FIXACIÓN DOS TOPÓNIMOS

O secretario xeral de Política Lingüística salientou a colaboración decisiva do seu departamento na recuperación e fixación dos topónimos na súa forma lingüística, en estreita colaboración coa Real Academia Galega. Así mesmo, sinalou a importancia do portal Toponimia de Galicia en prol da modernización da imaxe da lingua e cultura galegas, ao tempo que como estratexia de divulgación das singularidades dos nomes dos lugares galegos e da súa orixe. Esta iniciativa funciona, asemade, como forma de sensibilizar a poboación da urxencia que ten recoller, protexer e difundir este tesouro cultural.

Pola súa parte a directora da Amtega, Mar Pereira, destacou que toponimia.xunta.gal será a cara visible dunha iniciativa que xeorrefencia toda a toponimia de Galicia. Pereira enmarcou esta iniciativa nas medidas da Axenda Dixital de Galicia 2020 para dixitalizar o patrimonio cultural material e inmaterial da Comunidade e destacou que a tecnoloxía nos ofrece solucións avanzadas para preservar o noso patrimonio e para facelo universal e accesible a todo o mundo. A directora da Amtega apuntou que se está a traballar para que no medio prazo calquera veciño, asociación ou institución desde un PC, unha tableta ou smartphone conectado a internet, poidan facer a recolleita da microtoponimia da súa aldea, parroquia ou concello, segundo unha metodoloxía predefinida, introducila nunha base de datos e xeorreferenciala.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar