Esta noche finaliza la temporada de «Pazo de Familia»

Pazo de Familia_TVG

Esta noite chega á TVG o último capítulo da temporada de “Pazo de Familia”. Logo de grandes sobresaltos, chega o momento de que Emilio e Sara estean xuntos. Se no episodio anterior visitaban Santalla, agora están a piques de emprender unha nova viaxe, por primeira vez, como parella.

Pola súa parte, Mónica e Nino deciden plantarlle cara ao corrupto xuíz Pereira e Rita é escollida para unha audición que a pode levar á fama coma cantante. Ademais, Leonor acepta por primeira vez de bo grao a relación do seu herdeiro coa cociñeira do pazo.

Por todo isto, semella que as convulsas vidas dos Pardo Veiga coñecen uns intres de benestar e serenidade. Porén, a xenreira que lle garda á familia a xornalista Noelia ameaza con destruír ese momento dun xeito violento e implacable.

SOPA DE FESTA

O programa da Televisión de Galicia Sopa de Festa visita hoxe Lugo para celebrar cos veciños do barrio da Piringalla a Festa do Becerro ao Espeto. 16 anos leva a Asociación Veciñal e Cultural San Isidro da Piringalla celebrando esta festa para todos os seus veciños e os lucenses. Por este motivo, o equipo de “Sopa de Festa” non quixo perder esta cita e compartir con eles este día.

Da man de Paula Señarís, os espectadores verán como todo este bario colabora nesta festa á hora de dos preparativos. Unha festa en que se reparten entre todos os asistentes dous becerros asados, centos de quilos de pementos, pan e moitos litros de viño.

Ademais da parte gastronómica, os espectadores da TVG poderán comprobar que esta celebración se ata altas horas da madrugada e nela a troula, o bo humor e a música non faltarán en ningún momento.

A REVISTA

Santiago de Compostela acaba de ser testemuña dun achado excepcional: un claustro gótico do que non había noticias e que se atopa na Igrexa de Santa María de Salomé, na Rúa Nova. O programa da Televisión de Galicia “A Revista” acudirá este luns en directo a visitar o excepcional vestixio, que apareceu por casualidade, durante as obras de consolidación dos inmobles que rodean a igrexa. Están previstas xa investigacións máis polo miúdo do descubrimento, que se datou entre finais do século XIV e comezos do XV.

O espazo diario da canle pública tamén visitará a escola infantil Abeliñas, de Oleiros, onde todos os alumnos coñecen a lingua de signos. A chegada de María, unha nena xorda, levou o equipo de educadoras do centro a tomar a decisión de incorporar unha lingua máis ás tres que xa lles ensinaban aos cativos -galego, castelán e inglés-. O resultado foi todo un éxito e un exemplo de como se pode apostar pola educación inclusiva. “A Revista” estará con estes escolares para coñecer como foi para eles a aprendizaxe dunha nova lingua.

No estudio de gravación do programa estarán as actrices de “Pazo de Familia Mayka Braña, que da vida a Sara, e Carmen Méndez, que intrepreta a Rita. A serie da TVG remata temporada e as entrevistadas darán algunhas pistas aos espectadores sobre como os sorprenderá o último capítulo.

O magazine tamén contará coa presenza de Ángel Jorge-Echeverry, cirurxián ortopédico e traumatólogo, que falará de tratamentos para a columna.

tvG2

ZIGZAG DIARIO

Coma cada luns, os libros serán protagonistas en “ZigZag Diario”, que hoxe se fará eco do debut literario do porriñés Diego Giráldez, que se presenta ao público coa colección de contos breves “Galería de Saldos”. O escritor estará no estudio de gravación do programa para falar dunha proposta que mestura en cada un dos relatos as vidas de personaxes cotiáns, protagonistas de calquera crónica de actualidade, con obras de arte orixinais ou reproducións baratas.

O espazo da tvG2 tamén conversará co humorista, escritor e xornalista Carlos Meixide, que presenta a novela autoeditada “Inge e Robbie”, onde narra as vivencias dunha parella de turistas holandeses que veñen a Santiago para solucionaren os seus problemas persoais.

Ademais, “ZigZag Diario” ofrecerá unha reportaxe sobre algunhas das actividades coas que se celebra este ano o centenario do Premio Nobel Camilo José Cela e que supoñen unha aproximación ao Cela total: poeta, pintor, camiñante, gastrónomo ou senador.

08:00

BOS DIAS

Presentan Marta Darriba, Francisco L. Iglesias e Luís Fraga.

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ “Peitugas de polo con salsa de laranxa”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:10

LIBRO DE FAMILIA Cap. 263: “Pillabana”

Serie galega de ficción, que narra a historia de tres familias galegas de distinta procedencia social situadas en Santalla, unha vila do medio rural galego.
As cousas continúan máis tensas que nunca en Santalla. Mentres Ramón Balseiro e Freire continúan cos seus negocios inmobiliarios, Manuel segue empeñado en facer funcionar o invernadoiro por enriba de todo.

12:15

REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” “Enfermeira”

12:30

A REVISTA

Presentan Almudena R. de Urzáiz e Bibiana Rodríguez. Inclúe «Adiantos Informativos» e «O Agro», conducidos por Irene Lamas.

13:45

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35

O TEMPO

15:50

O FARO Cap. 508

Serie. Erea desvélalle o seu plan a Ricardo: que Lucía adquira una nova posición de importancia na xestión dos Samáns. Isto fará que Ánxela opine en favor do acordo. Arturo véndelle a súa parte da empresa a Mario, que quere quedar encargado da floraría. Pola súa parte, Carme queimará os seus últimos cartuchos para mercar as terras do Faro.

16:40

REX, UN POLICÍA DIFERENTE Caps. 74 – 75: “A todo gas” – “O asasino da lúa chea”

Serie.

18:20

ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

19:35

MEDICOPTER “Un grande erro”

Serie.

20:25

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Pérez.

21:50

O TEMPO

22:00

PAZO DE FAMILIA Cap. 60

Serie. Spin off da xa coñecida e arraigada no imaxinario popular “Libro de Familia”.
Esta noite chega á TVG o último capítulo da temporada de “Pazo de Familia”. Logo de grandes sobresaltos, chega o momento de que Emilio e Sara estean xuntos. Se no episodio anterior visitaban Santalla, agora están a piques de emprender unha nova viaxe, por primeira vez, como parella.
Pola súa parte, Mónica e Nino deciden plantarlle cara ao corrupto xuíz Pereira e Rita é escollida para unha audición que a pode levar á fama coma cantante.

23:35

SOPA DE FESTA

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade.
O programa visita hoxe Lugo para celebrar cos veciños do barrio da Piringalla a Festa do Becerro ao Espeto, en que se reparten entre todos os asistentes dous becerros asados, centos de quilos de pementos, pan e moitos litros de viño.

00:10

ROMARÍAS 2016 “Romaría do Corpiño de Lalín”

00:45

MEDIAS VERDADES “A banda de música máis antiga de Galicia”

Este espazo convida os espectadores a descubrir que hai de certo nalgunhas aseveracións que se repiten acotío sen contrastar a súa veracidade. En cada edición descubrirase a verdade sobre dez «medias verdades».

01:40

TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

01:50

PAZO DE FAMILIA (Rep.)

03:10

POLO CAMIÑO DA FE

03:25

MAR DE FONDO

03:30

SONS NA NOITE

03:50

A REVISTA (Rep.)

04:55

NOITE DE JAZZ

05:45

VIVIR O MAR (Rep.)

06:10

CRIATURAS

Criaturas é un docusoap que ofrece unha visión insólita do mundo animal. O programa amosa as relacións das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos dos animais.

06:50

ÁREA PÚBLICA (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar