Un acordo Concello de Ourense-Hijos de Rivera permitirá desenvolver múltiples actividades

 

 

Alcalde de Ourense_Jesus Vázquez Fillos de rivera_convernio concello
O Concello de Ourense e a Corporación Hijos de Rivera subscribiron un convenio de colaboración para fomentar, impulsar e apoiar actividades socioculturais e de promoción turística da cidade de Ourense. O alcalde, Jesús Vázquez, e o conselleiro delegado de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera Quintana, asinaron esta mañá o devandito acordo, que terá unha vixencia máxima de tres anos, ata o 31 de decembro de 2018.

Deste xeito, Corporación Hijos de Rivera, será colaborador institucional do Concello nos eventos e proxectos socioculturais ou de promoción turística e de festas que poidan ser considerados de interese xeral pola Administración Local.

O alcalde, Jesús Vázquez, recalcou a importancia deste convenio cunha das empresas galegas de referencia, “o que suporá un valor engadido para a promoción e a imaxe da nosa cidade”. Salientou, así mesmo, a importancia de captar a implicación da iniciativa privada “naquelas actividades que serven para dar a coñecer Ourense fóra do noso territorio”.

Pola súa banda, o conselleiro delegado de Estrella Galicia, Ignacio Rivera, reafirmou “o compromiso por Galicia á hora de apoiar todas aquelas actividades singulares que contribúen ao noso desenvolvemento social e cultural”, e ratificou “a súa máxima disposición para activar todas as iniciativas que nos fagan máis visibles fóra do noso ámbito territorial

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar