Baltar e Vázquez fixan a cooperación entre Deputación e Concello de Ourense

Baltar_Jesús Vázquez_presidente Deputación e alcalde_colaboración institucional

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, con que mantivo un encontro para analizar temas de cooperación entre ámbalas dúas institucións, entre os que figura fixar para o vindeiro mes de xullo unha nova reunión do Comité de Cooperación Permanente Deputación-Concello de Ourense, que puxeron en marcha en xullo de 2015, un órgano único nas súas características no que atinxe á colaboración interinstitucional en España e que ten como obxectivo dinamizar e optimizar os proxectos de interese común para a capital e a provincia.

Baltar e Vázquez revisaron na súa reunión cuestións de carácter cultural, relacionados con novas infraestruturas na cidade, ademais de temas de cooperación no ámbito do acondicionamento de zonas termais, e novas propostas dentro da celebración da próxima edición do Festival de Cine de Ourense, co que a Deputación volve colaborar, e outra serie de iniciativas que se darán a coñecer logo da vindeira reunión do Comité de Cooperación Permanente.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar