Vigo habilitará espazos no transporte urbán para as cadeiras de rodas

O alcalde de Vigo presentou aos principais colectivos de usuarios a instrución que ultima o goberno que preside e que permitirá o acceso ao autobús urbano das cadeiras de rodas motorizadas. Caballero explicou que elevará esta norma, coa que «queremos garantir a accesibilidade e a seguridade», á Federación Española de Municipios e Provincias para que poida ser aplicada por todos os concellos españois.

O texto, informou Abel Caballero, require do usuario situarse a contramarcha no espazo reservado e sinalizado ao efecto, facendo uso dos elementos de seguridade. O goberno de Vigo estipula para o acceso ao autobús urbano un tamaño máximo dos «scooters» -que «practicamente todos cumpren», precisou- e que non excedan os 300 quilos de peso total. Tamén se solicita dos beneficiarios ter recoñecida unha condición legal de discapacidade.

O alcalde de Vigo avanzou que se formará aos usuarios destas cadeiras de rodas no acceso e saída do autobús, ademais da súa mobilidade no interior e tamén nas anclaxes de seguridade, para familiarizarse no procedemento. Engadiu o primeiro edil que se contactará con todos os interesados desde a próxima semana e se comezará a citalos ao efecto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar