15 aniversario do «Arde Lvcus»

Arde Lucus_2016_PROVISIONALO Arde Lvcvs, que por primeiro ano dura 4 días, arrincou coa apertura de portas da Muralla lucense, a cargo da Guardia Pretoriana.

Posteriormente, as tropas romanas e castrexas, acompañadas pola alcaldesa e outros membros da corporación municipal, desfilaron polas rúas da cidade.

Na primeira das catro xornadas desta festa de recreación histórica, que contempla máis de 400 actividades, das que 50 son novidades, e que agarda reunir en Lugo a unhas 600.000 persoas, tamén se contempla a presentación dun libro, teatro, o acendido do lume sagrado, así como o musical Hércules e unha comida de confraternidade, para conmemorar o 15 aniversario destes festexos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar