Últimos días para a inscripción no Campamento da Ourensanía

Campamento da ourensanía_Depourense

O vindeiro 20 de xuño remata o prazo para inscribirse no Campamento da Ourensanía “Explora Ourense” 2016, que este ano centra a súa temática na lenda do parque natural do Xurés. Este campamento de verán, impulsado pola Deputación de Ourense, ten como obxectivo concienciar aos máis novos na defensa da natureza e do patrimonio da provincia de Ourense, achegando esa sensibilización con actividades lúdicas e educativas que se desenvolverán no complexo turístico do Corgo.

O campamento en dúas quendas: do 1 ao 7 de agosto para menores de 12 a 14 anos, e do 8 ao 14 de agosto para os de 9 a 11 anos. Entre as actividades que contempla o programa figuran roteiros na natureza, tirolina, tiro con arco, actividades acuáticas, veladas, xogos de orientación e descubertas etnográficas, todo elo nun marco de divertimento e protección do medio ambiente.

Os interesados en participar teñen de prazo ata o vindeiro 20 de xuño para inscribirse e o prezo por participante é de 88 euros. Para anotarse poderán formalizar a súa inscrición na web: www.exploraourense.com, onde acharán toda a información sobre as actividades do campamento.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar