Estudiantes dos Maristas de Ourense celebran un «pleno» na Deputación

image

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e a deputada provincial de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, recibiron hoxe no Salón de Plenos do ente provincial a 75 alumnos e alumnas de 5º de Primaria do Colexio Maristas Santa María de Ourense, acompañados polos seus profesores, para celebrar un pleno infantil no que se aprobou por unanimidade unha «moción» para poñer en valor os 108 anos do colexio Maristas na cidade de Ourense cun acto institucional do goberno provincial.

Na sesión, Manuel Baltar, explicou o labor que desenvolven as deputadas e deputados da corporación, e o funcionamento das diferentes Áreas do goberno provincial, así como os servizos que ofrece a través delas aos ourensáns e aos 92 concellos da provincia. Asemade lembrou, como antigo alumno de Maristas, «o gran traballo que exerceu o colexio na cidade de Ourense», e a importancia de estudar «nun centro de ensino con tanta historia».

O presidente da Deputación de Ourense respondeu ás preguntas que lle realizaron os alumnos e alumnas interesados en coñecer o papel que exerce o ente provincial como «concello dos concellos» en materia de deporte, cultura e infraestruturas, e o funcionamento do Salón de Plenos nas sesións plenarias.

Ao remate do pleno, que se retransmitiu a través da web da Deputación, cada alumno foi agasallado cunha medalla alusiva á visita e tres libros da Deputación de Ourense: «A palabra máxica» para celebrar os días Internacionais da Árbore e da Auga; «Bicha», a obra gañadora da XII edición do premio de literatura infantil e xuvenil «Pura e Dora Vázquez», e o libro que aglutina os «180 anos de historia provincial».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar