A Semana Verde pecha con concursos caninos e cabalares

Semana Verde de Galicia_concursos e actividades caninias_provisional

 A 39ª edición da feira Abanca Semana Verde de Galicia e a feira de caza, pesca e natureza, Fecap Abanca 2016, as cales se celebraron ata hoxe de forma paralela, acolleron un intenso programa de actividades caninas nas que participaron máis de 500 exemplares.

Así, no marco de Fecap Abanca celebrouse a III Exposición de Cans de Caza, na cal participaron en torno a 200 exemplares de distintos puntos de Galicia e tamén de Asturias.

No seu marco outorgáronse os premios á “Mellor Gaiola”, que recaeu nunha de cans gascoigne pertencentes a Juan Vecino, de Canil do Soñar, de Lugo; “Mellor Camada”, para un par de exemplares de gordom setter, de Jesús Espiñeira, de Frades (A Coruña), e “Mellor Exemplar”, para un sabueso de Antonio do Pazo, de A Coruña. Os animais participantes foron xulgados pola xuíza nacional canina de probas de caza Isabel Negreira.

Fecap Abanca acolleu tamén hoxe unha exhibición de cans de terapia e biodetectores de especies, organizada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, e a X Proba da Liga Autonómica de Agility – Trofeo Abanca Semana Verde, na cal competiron un centenar de exemplares. Na categoría Standard o vencedor foi Eo, un border collie propiedade de Lolo San Tomé, do clube Tercans, de Moaña (Pontevedra), mentres que na categoría Mini-midi gañou Mapch, un exemplar de raza shetland, de José Ángel Torres, tamén de Tercans.

 

OUTRAS ACTIVIDADES CANINAS

Xa dentro do programa de actividades caninas da 39ª Abanca Seman Verde de Galicia tivo lugar o XIII Concurso Nacional Canino, unha proba de beleza no que participaron 142 exemplares de numerosas razas e na cal o Best in Show, o exemplar con máis alta puntuación, foi un boston terrier de Pontevedra. Así mesmo, celebrouse o cuarto monográfico da raza Azul de Gascuña, Gascón Saintongeois e Ariegeois.

Por outra banda, o can de palleiro contou hoxe cun programa de actividades específico que incluíu exhibicións de agility, exercicios de adestramento, a actuación do grupo “Can de Palleiro” e a entrega dos galardóns “Palleiro de Honra” e “Palleiros Destacados”. Como novidade, o can Allo, protagonista do anuncio televisivo de Gadis, realizou unha demostración de habilidades e mesmo posou no seu photocall.

CABALOS ÁRABES

 

A Feira Internacional Abanca Semana Verde acolleu o primeiro concurso morfolóxico de cabalos árabes con categoría internacional que se celebra na comunidade galega, o IV Galician Championship E.C.A.H.O Internacional C, organizado pola Asociación Galega de Criadores de Cabalos Árabes (AGCCA).

Semana Verde cabalos árabes_provisional

 

No marco deste concurso, que se desenvolveu nos dous últimos días, o Best in Show,  é dicir, o mellor exemplar con maior puntuación de todo o campionato, foi Ainhoa Shaadeen. Trátase dun semental alazán (de capa color avermellado) nacido no ano 2006, cuxo criador é SCEA Ainhoa e o seu propietario é a Yeguada La Avutarda, de Arcos de la Frontera (Cádiz).

Foron 50 os exemplares que participaron neste concurso, os cales procedían de distintas comunidades españolas, como Galicia, Cantabria, País Vasco, Madrid, Extremadura, Valencia e Andalucía, e tamén doutros países, como Francia, Bélxica, Exipto ou Xordania.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar