Comeza a tempada do Tren Turístico na Ribeira Sacra

Ourense. 11-06-2016. Estación Emplame, Tren Turístico. Paz

Trátase dun dos nove itinerarios temáticos que este verán recorrerá Galicia no marco da cuarta edición do programa «Galicia a todo tren». A iniciativa posta en marcha pola Xunta con Renfe e a Deputación de Ourense, a través do Inorde, supuxo unha ocupación do 87%, superando os 2.200 pasaxeiros fronte aos seiscentos da anterior edición.

Nava Castro ratificou o incremento da oferta global nos trens turísticos en 84 prazas tralos «bos resultados» obtidos na edición anterior, que superou os 2.200 viaxeiros e o incremento en cinco puntos porcentual de pasaxeiros con relación a 2014. Asemade destacou a posta en marcha este verán de dúas novas rutas, unha Termal-Camiño do Norte a Santiago de Compostela, e unha segunda ruta, da Lamprea e o viño do Condado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar