Os ourensans elixiron o cartel das Festas da cidade

 

Cartel Festas de Ourense 2016

 

As festas de Ourense (25 de xuño – 3 de xullo) xa teñen cartel anunciador. É a resultante da votación popular, a través da web ourensecultura.com, de entre as cinco finalistas propostas polo Concello de Ourense. Así, Bailemos no Corpus, obra do artista ourensán Moncho Barazeiro, obtivo un total de 539 votos (un 36% do total), seguida de As nosas festas, con 438, e de Fagamos da choiva unha festa, con 204 apoios. A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, aplaude “este método participativo de sacar a concurso todos os carteis do ciclo festivo da cidade”.

Os carteis estiveron expostos na rúa do Paseo para que os ourensáns tivesen coñecemento deles e incluílos no proceso de participación da escolla de 2016, un modus operandi que se ampliará a vindeiras convocatorias públicas de deseño de carteis.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar