Os funcionarios do Concello de Ourense cobrarán o resto da paga de 2012

Concello Ourense

Onte tivo lugar unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense na que se acordaron tres asuntos.

O primeiro deles foi a aprobación de acordo do pago da parte da paga extraordinaria de decembro 2012 que aínda non percibiran esta retribución. Deste xeito, os funcionarios municipais percibirán xa a totalidade daquela paga extra, pois restaba por aboar o 50% da mesma, cuxo pago aprobouse hoxe.

O segundo punto aprobado en Xunta de Goberno Local extraordinaria foi relativo á xestión económica e orzamentaria. Así, aprobouse unha modificación orzamentaria de créditos por un importe de 1.415.847,17 euros e un recoñecemento extraxudicial de débeda. Este expediente responde a facturas que non deu tempo a tramitar antes da fin do pasado exercicio.

Por último, acordouse prorrogar o contrato da póliza de seguros de responsabilidade civil e patrimonial do Concello de Ourense por un ano máis, ata o 11 de xuño de 2017, coa aprobación de gasto de 81.523,75 euros, coa aseguradora Zurich Insurance PLC.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar