Abren as piscinas municipais de Ourense

Piscinas municipais de Oira_Ourense_1

O horario de apertura será de 11:00 a 21:00 horas, sendo o acceso a estas instalacións libre e gratuíto. Logo de semanas de traballos de acondicionamento, atrasados polas Traballos que se viron atrasadas polas últimas crecidas do río Miño no mes de maio. Para súa reparación e acondicionamento realizouse un investimento de 20.000 euros.

O investimento foi dirixido ao pintado de vasos, restauración do equipamento de depuración -malia que parte destes equipamentos retíranse, o habitáculo de depuración asolágase afectando os filtros e conducións-, traballos de albanelería para a colocación de canalóns e lousas e pintado de praias.

Estas instalacións municipais permanecerán abertas até o 11 de setembro. “A idea é dar unha semana de marxe con respecto ás piscinas de Monterrei, e aproveitando unha semana máis no mes de setembro”, comenta o concelleiro de Deportes, Mario Guede.

Piscinas municipais de Oira_Ourense_2

 

PISCINA EXTERIOR DO PAVILLÓN DOS REMEDIOS

Rematados os traballos de acondicionamento, o luns 13 de xuño abriranse tamén a piscina e o solario exterior do Pavillón dos Remedios, ao lado da piscina Rosario Dueñas -onde esta fin de semana se celebra o 45 torneo Pedro Escudero-. Para acceder a estas instalacións, do mesmo xeito que ao resto da instalación, hai que estar en posesión dun abono de acceso.

O horario de apertura, igual que no caso de Oira, será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a sábado. Os domingos, abrirá de 11:00 a 14:00 horas, salvo nos meses de xullo e agosto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar