Terceira edición do campamento «Explora Ourense»

Baltar_campamento2016 Parque Natural do Xurés

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, e o representante de Sustinea, Paulo Vázquez, presentaron no Centro Cultural «Marcos Valcárcel» a terceira edición do campamento da Ourensanía «Explora Ourense» 2016, que este ano centra a súa temática na lenda do parque natural do Xurés. Este campamento de verán, impulsado pola Deputación de Ourense, ten como obxectivo «concienciar aos máis novos na defensa da natureza e do patrimonio da provincia de Ourense, achegando esa sensibilización con actividades lúdicas e educativas que se desenvolverán no complexo turístico do Corgo, nun concello de referencia turística en Galicia como é Muíños», explicou o presidente do goberno provincial.

Baltar, quen agradeceu a Plácido Álvarez e aos veciños de Muíños «o traballo que realizan por seguir poñendo en valor as potencialidades turísticas, naturais e etnográficas desta fermosa contorna da Baixa Limia», dixo que iniciativas como esta, que unen lecer, natureza e infancia «son fundamentais para concienciar aos máis cativos sobre a importancia de protexer o medio ambiente, a maior riqueza que todos compartimos».

O campamento, segundo explicou Paulo Vázquez, coordinador da actividade, desenvolverase en dúas quendas: do 1 ao 7 de agosto para menores de 12 a 14 anos, e do 8 ao 14 de agosto para os de 9 a 11 anos. Entre as actividades que contempla o programa figuran roteiros na natureza, tirolina, tiro con arco, actividades acuáticas, veladas, xogos de orientación e descubertas etnográficas, todo elo nun marco de divertimento e protección do medio ambiente Ata o vindeiro 20 de xullo está aberto o prazo de inscrición e o prezo por participante é de 88 euros. Os interesados poder formalizar a súa inscrición na web: www.exploraourense.com, onde acharán toda a información sobre as actividades do campamento.

Pola súa banda, Plácido Álvarez agradeceu en nome dos veciños de Muíños ao presidente da Deputación «o apoio que a institución provincial lle da ao complexo turístico do C

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar