Caballero demanda ao Goberno é a Xunta solucións para o naval

Abel Caballero_salvar o sector naval
O alcalde de Vigo trasladou aos membros do comité de empresa de Vulcano, cos que mantivo un encontro, toda a «súa cooperación para espertar ás administracións do seu letargo». En rolda de prensa, esixiu á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a actuar porque «é imprescindible salvar o sector naval de Vigo».
Caballero trasladou ao comité de empresa de Vulcano «toda a nosa colaboración» para informar á cidade sobre a «difícil» situación que están a atravesar varios estaleiros da cidade, que levan moito tempo sen carga de traballo. Con ese fin, manterá un encontro cos secretarios do naval das tres centrais sindicais, UXT, CCOO e CIG aos que lles tamén lles transmitirá que contan «con toda a nosa cooperación para espertar ás administracións do seu letargo».

Referiuse o rexedor á falta de acción da Xunta de Galicia e do Goberno de España en defensa dos estaleiros vigueses, «cando os do País Vasco ou de Asturias se teñen traballo». Instou a estas administracións a «moverse» porque na contratación de barcos, ademais da situación do mercado, «ten moito que ver a xestión dos gobernos».

Explicou que apoiar a un sector non «é vir a Navalia a dicir que todo está ben» -en referencia ás visitas de distintos membros dos gobernos galego e central á última edición desta feira internacional que se ven de organizar no Ifevi. Na súa opinión, estas dúas administracións deben comprometerse na defensa do sector naval porque ata o de agora «nin o fixeron nin o fan». Durante a súa intervención, Caballero lembrou as mobilizacións que encabezou hai dous anos en defensa do tax lease e apuntou que algunhas empresas viguesas volven estar «nunha situación límite».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar