Pontevedra:Cambio da cuberta do pavillón municipal


 Reparación cuberta Pavillón municipal de Pontevedra_PROVISIONAL

Os traballos para cambiar a cuberta do pavillón municipal comezan hoxe. Ao longo desta xornada está previsto instalar os valados necesarios para prohibir o estacionamento na parte traseira e tamén na esquerda do pavillón. Nesta zona instalarase unha grúa de grandes dimensións que será a encargada de retirar os paneis actuais e instalar a nova cuberta.

Mañá comezarán os traballos para cubrir e protexer a pista do pavillón, xa que seguidamente comezarán os traballos de limpeza e pintado das cerchas da cuberta. Estes traballos terán unha duración aproximada dunhas cinco semanas, o tempo necesario para rematar a fabricación da cuberta que se realiza nestes momentos.

A desmontaxe e montaxe da cuberta é un labor duns dous meses, polo que durante ese tempo o pavillón non terá actividade deportiva de ningún tipo. A partir desta semana só se restrixe o uso da pista do recinto deportivo, pero mantéñense as actividades nos ximnasios.

Segundo as previsións da Concellaría de Deportes, a obra poderá estar rematada a primeiros de setembro, para continuar co ritmo normal da tempada deportiva.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar