A Policia autonómica investiga ao presunto autor dun incendio forestal en Pontevedra

Axentes da xefatura da Policía Autonómica de Pontevedra informaron da investigación do presunto autor dun incendio forestal no concello de Pontevedra.

O lume tivo lugar o pasado 1 de xuño, no lugar de Piñeiro, parroquia de Campañó, no concello de Pontevedra, e que afectou a unha superficie de 7.000 metros cadrados de monte arborado. O incendio foi causado cando o investigado se atopaba facendo unha queima de restos agrícolas, sen tomar as medidas preventivas básicas de seguridade.

Na investigación colaborou a Brigada de Investigación de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural. Na extinción foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia. Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Garda de Pontevedra.

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 27 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar