Alumnos da Escola de Altos Estudios Musicais actuarán no Paraninfo da USC

Concero Paraninfo USC Santiago de Compostela Real fiklarmonía PROVISIONALA Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa “A Escola na Cidade”, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.

No marco deste programa, hoxe martes, ás 20:30 horas, os rapaces ofrecerán un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago, na facultade de Xeografía e Historia, acompañados pola pianista Simona Velikova. En primeiro lugar actuará a violinista Carmen Pavón, que interpretará o Concerto para violín nº 4 de Mozart e Peza en forma de habanera de Maurice Ravel.

A continuación o trompista Ismael Vidal tocará o Concerto para trompa de Reinhold Gliere e Reverie para trompa e piano de Alexander Glazunov. E a cita musical concluirá coa intervención da violinista Macarena Herrero, que achegará ao público o Concerto para violín nº 4 de Mozart e o Concerto para violín de Tchaikovsky.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar